Actividades

EDLG: Actividade.

Os EDLG da EOI e do CIFP A Farixa propoñen un concurso de coplas para celebrar a Festa dos Maios. Trátase de escribir coplas orixinais en galego, nas que se empreguen o humor e a ironía para criticar calquera aspecto da actualidade política, social... ou académica! As coplas deberán ter rima e estar compostas dun mínimo de 12 versos. Enviar ao correo do EDLG (edlg.eoiou@gmail.com) antes do 1 de maio.
Haberá 2 premios:  un vale de 50€ para a mellor copla cantada, recitada ou rapeada (enviada en formato mp.4)e outro vale de 25 € para a mellor copla escrita. Ver cartel

EDLG: Gañadoras Concursos.

O equipo EDLG anuncia as gañadoras dos concursos que celebramos recentemente.

 No concurso de Rosalía a gañadora foi Carmen Abejón Muñíz. Tamén achegamos o cartel gañador do concurso "8 de Marzo" deseñado por Antía Galindo González, elixido polo xurado do CIFP A Farixa. Todas elas poden recoller os seus agasallos na Conserxería da EOI a partir do martes, 2 de abril. Moitas grazas pola participación!

EDLG: Actividade.

Charla coa ilustradora da exposición.

Luns 11 ás 18.30 na biblioteca teremos a sorte de conversar coa ilustradora da exposición que está agora mesmo nos corredores da EOI: As mulleres que nos levaron á lúa. Falará sobre a xénese da exposición e sobre a súa traxectoria como ilustradora.  Aberta a toda a comunidade educativa. Non perdades a oportunidade de coñecela !!!.

EDLG: Concurso de carteis.

CONCURSO DE CARTEIS PARA CONMEMORAR O 8M

O EDLG, en colaboración co CIFP A Farixa, convoca este concurso. O contido deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes. É moi importante ler atentamente e respetar as bases do concurso, ás que se accede a través do código QR. Data límite: 15 de marzo .   Os carteis enviaranse a: edlg.eoiou@gmail.com. O cartel gañador en cada centro será premiado cun vale de 50 euros. Aberto a toda a comunidade educativa de ambos centros. Ver bases e código QR

Do 04 ao 15 de marzo estará nos corredores da EOI a exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa", que nos cedeu a organización eXXperimenta en feminino, formada por profesoras das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO. Ver cartel. Pódese consultar máis información sobre esta iniciativa  AQUÍ.

Proxección Documental: Tódalas Mulleres que Coñezo.

Día 6 de marzo ás 19:00 no salón de actos da EOI.

 
Proxección do filme escrito e dirixido por Xiana do Teixeiro e posterior charla/coloquio. Sinopsis: Un film en tres actos que son, también, tres conversaciones entrelazadas e intergeneracionales entre distintas mujeres que cuentan sus experiencias —de amistad, de miedo, de resistencia— en el espacio público. É aberto a calquera persoa que queira vir. Ver: fotogramas , Trailer , Máis información.

Encontro Literario

  ENCONTROS COS AUTORES DO CLUB DE LECTURA (febreiro 2024)

 

EDLG e Club de Lectura: Actividade.

ENCONTRO LITERARIO

O Club de Lectura e o EDLG organizan un encontro con Paula Carballeira, escritora, narradora oral e actriz, o vindeiro xoves, 22 de febreiro, ás 12.30 horas na biblioteca. Falaremos da obra As Alumnas, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e da súa ampla traxectoria no mundo da cultura galega. Non perdas esta oportunidade! E se queres ler As Alumnas, aínda quedan exemplares dispoñibles na biblioteca da EOI.

EDLG: Actividade Entroido

 Convidámosvos a participar no "photocall" de Entroido situado no primeiro andar. 

Podedes facer fotos individuais ou en grupo. Alí hai complementos pero podedes  traer os vosos disfraces. VER cartel.
Escaneade o QR e subide a foto ao padlet. Hai que engadir unha frase sinxeliña, en galego, sobre o Entroido, como "A mellor festa do mundo!" (ou algo así).  Non esquezades nome, grupo e lingua, para podervos identificar. Sortearemos un agasallo!
As fotos se van publicar na web da EOI, así que se alguén non quere saír, que se disfrace moi ben ou que non se poña para a foto! Bo Entroido!

Gañadora dos concursos EDLG

Moitos parabéns para Amalia Moreiras Plaza, alumna de francés e galego, quevén de gañar do concurso de fraseoloxía e imaxe Castaña de Ouro, por votación alumnado do Departamento de Galego. Podedes ver o seu traballo e os de todas as persoas que participaron AQUÍ. Moitas grazas a todas por participar !!!

EDLG: Concurso Fraseoloxía.

 IV Concurso de Fraseoloxía e Imaxe "Castaña de Ouro"

Para concursar é preciso escoller un refrán en galego sobre o outono e ilustralo cunha fotografía orixinal. Tamén hai que explicar brevemente o significado do refrán (en galego) e incluir un refrán equivalente (ou unha tradución literal) nalgunha das linguas que se estudan na EOI. Ver cartel
Os refráns e as fotografías enviaranse ao correo do EDLG  edlg.eoiou@gmail.com . Prazo: ata 1 decembro. A persoa gañadora recibirá un vale de 30€ para unha libraría local. Aberto a toda a comunidade educativa. Ver Bases do Concurso.

Distribuir contido