Usuarios rexistrados: Acceso

Probas de clasificación

Probas de clasificación

INFORMACIÓN PARA AS PROBAS

A proba de clasificación (antiga proba de nivel) está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos. A proba de clasificación diagnostica o seu nivel de acceso, de tal xeito que se poden comenzar os estudos por un curso superior ao primeiro.

 

CONSIDERACIÓNS PREVIAS

 Se está considerando presentarse á proba de clasificación debe saber que:

  • a proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
  • a proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza: o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
  •  poderán facer a proba de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial
  • a proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere decir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba
  • a proba terá validez para matricularse na modalidade oficial neste curso e no seguinte
  • se a proba lle dese acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto
  • para acceder aos estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOIs (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como primeira lingua estranxeira; 14 anos se é un idioma diferente)

 

PRAZO DE INSCRICIÓN NA PROBA DE CLASIFICACIÓN

Do 2 ao 5 de setembro

 

IMPORTE DA PROBA DE CLASIFICACIÓN

A taxa para inscribirse nesta proba é de 17 € por idioma. Hai exencións para familias numerosas, alumnado con minusvalía e similares. Aquí pode consultar información detallada sobre as taxas.

O impreso para o pago pódese recoller na conserxería do centro. 

 

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS

Para formalizar a súa inscrición nas probas de clasificación deberá:

  1. Descargar o  formulario de inscrición e cumprimentalo; deberá cubrir un impreso por cada idioma ao que se presente.
  2. Pagar a taxa correspondente.
  3. Presentar na secretaría da EOI, dentro do prazo establecido, ou envialo por correo a matricula@eoicoruna.org (poñer no asunto: proba de clasificación) a seguinte documentación:
  • o/s formulario/s de inscrición debidamente cumprimentado/s
  • unha copia do seu documento de identidade (xunto co orixinal)
  • e o resgardo do pago da taxa.

 

CALENDARIO DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN. Premer aquí

Probas de clasificación co novo sistema LOMCE

IMPORTANTE: Debido á implantación da LOMCE  as probas de clasificación serán no mes de setembro.

  • Datas de matrícula: do 2 ao 5 de setembro
  • Celebración das probas: os días (Consultar aquí)

Procedemento

  1. Descargar o  formulario de inscrición e cumprimentalo; deberá cubrir un impreso por cada idioma ao que se presente.
  2. Pagar a taxa correspondente: 17€
  3. Presentar na secretaría da EOI, dentro do prazo establecido, ou envialo por correo a matricula@eoicoruna.org (poñer no asunto: proba de clasificación) a seguinte documentación:
  • o/s formulario/s de inscrición debidamente cumprimentado/s
  • unha copia do seu documento de identidade (xunto co orixinal)
  • e o resgardo do pago da taxa (pódese recoller en conserxería ou xerarlo. Consultar como)

Distribuir contido