CURSO 2023-24

Club de conversa EDLG

INFORMACIÓN

As inscricións abriranse a finais do mes de decembro e manteranse abertas durante todo o mes de xaneiro.

As persoas preinscritas no comezo do curso terán preferencia, no caso de existiren limitacións de prazas. No caso dos cursos que comezan no segundo cuadrimestre (caso dos CELGA), intentaremos inscribir todas as novas solicitudes que houber, sempre que existiren prazas libres. Contactaremos con todas as persoas preinscritas para que confirmen a súa participación ou para a rexeitaren.

Está previsto ofertar dous clubs de conversa, un de nivel amador (A2/B1) e outro de nivel afouto (B2 en diante), por quenda; isto é, dous pola mañá (amador e afouto) e dous pola tarde (amador e afouto). Catro grupos en total. Publicaremos os horarios ofertados proximamente.

O club de conversa (ou Parladoiros) comezará a funcionar, previsibelmente, no mes de febreiro. O seu andamento rematará, por este curso, cara á fin do período lectivo (despois do Día das Letras).

Cartaz ParladoirosInformación dos #ParladoirosEOI

Información dos #ParladoirosEOI