O último día de clase chegou o coello de Pascua para agochar polo patio un montón de ovos de chocolate! Os alumnos tiveron que buscalos e posteriormente gardáronos nunhas galiñas de papel que eles mesmos decoraron. Pasámolo xenial!
Podedes ver tamén algunhas das portadas dos traballiños do segundo trimestre así como as bolsas nas que se gardaron.
Hoxe 2 de abril, conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o AUTISMO;este ano baixo o lema "Autismo cerca de ti". Para iso, todo o alumnado e profesorado da escola, fotografiámonos diante dun mural que fixemos entre todos previamente. Este ano como novidade sumámonos á iniciativa #lightitupblue# no que a nosa escola quedou no número 320 no ranking mundial polo alumeado do edificio. Quedou precioso!
O pasado venres,os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron unha saída a Narón e San Sadurniño.
En Narón visitaron o Muíño de Pedroso e realizaron un obradoiro da prehistoria e un obradoiro de cosmética natural.
Pola tarde, na Fraga Máxica de San Sadurniño, foron recibidos por representantes de @concellosansa e agasalláronos cuns detalliños.Moitísimas gracias Raquel e Roberto!
O venres 8 de marzo conmemoramos na escola o Día Internacional da Muller. Os nenos e nenas de 6º e 5º de Infantil, fixeron actividades para "as mulleres da súa vida". Posteriormente, todos os alumnos do centro escoitaron o conto de "Vanesa non quere ser princesa".
Continuamos traballando sobre Rosalía de Castro, nesta ocasión "sacamos fotos coa" famosa autora. Moitas grazas a Lescha por prestarnos este roll up co que o pasamos tan ben.