TODO IRÁ BEN

 

 

Todo irá ben 

Queridas familias: 

O pasado 13 de marzo, cando soubemos que tiñamos que quedar na casa, probablemente todo o mundo pensamos que á volta das vacacións de Semana Santa iamos “recuperar a vida normal”, mais lamentablemente a realidade non vai ser esa e parece que imos ter aínda para un tempo. Non é unha situación doada para ninguén, cadaquén temos a nosa “historia persoal” e, aínda que gozamos do privilexio de vivir en Vilalba, lugar no que o Covid- 19 semella que foi mais benévolo, é posible que haxa xente coñecida infectada, ou familiares, ou mesmo alguén de nós, mais polo menos estamos aquí. 

Hoxe volvemos a dirixirnos a vós a través desta carta, para recordarvos que con total confianza fagades uso dos correos que tedes nesta páxina web para vos poñerdes en contacto con nós cada vez que queirades preguntar algo ao profesorado, ou se é o caso de que necesitedes algún documento de tipo administrativo, como certificados de escolaridade, por exemplo. Recordamos a quen teñan que matricular a unha filla ou un fillo, que os prazos oficiais están paralizados, polo que iso non vos debe preocupar. 

Estas catro semanas de corentena pesan e poden levar ao desánimo e á desmotivación, mais sabemos que, sobre todo quen tedes fillos, estades facendo todo o posible para que os azos non decaian procurando que a súa vida diaria sexa moito máis levadía, e que estades sendo mamás, papás, mestras, mestres e compañeiras e compañeiros de xogos. 

...dicirvos que TODO IRÁ BEN. 

Apertas fondas, animo e oxalá nos vexamos axiña na nosa Escola. 

                                                13 DE ABRIL DE 2020 

 

CLAUSTRO DA EEI DE VILALBA 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES LIM DE CASTELOS, MAR E UNIVERSO

Aquí deixamos unhas entretidas actividades LIM baseadas en proxectos traballados polos nenos e nenas durante este curso.

Para xogar, clic na imaxe.

 

OS CASTELOS

 

O MAR

 

O UNIVERSO

 

 

CONCERTO VIRTUAL DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Sábado, 4 de abril, ás 12:00 concerto de "Uxía Lambona e a Banda Molona" dende a súa canle de youtube.

 

Podedes acceder, dende aquí, picando enriba da imaxe.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE

Informamos de que, seguindo instruccións da "Consellería de Educación", procederemos a avaliar o 2º trimestre ata o día 13 de marzo (último día de clase presencial do trimestre).

 

Para poder ter acceso ao boletín de información trimestral é preciso que as familias descarguen a aplicación "abalarMóbil" nun móbil ou tablet. 

As cualificacións estarán dispoñibles nesta plataforma, o venres 3 de abril, ás 15:00. Se algunha familia non pode descargar a aplicación, que se poña en contacto co titor ou titora correspondente.

 

Para acceder á aplicación, clicade na imaxe que se amosa a continuación:

 

 

Se tedes dificultades para a súa descarga deixamos dous manuais, en galego e castelán. Podedes acceder picando enriba deles:

- Guía "abalarMóbil" (galego).

- Guía "abalarMóbil" (castelán).

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO EQUIPO DE NEAE

 

O equipo de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo); formado polas mestras de AL (Audición e Linguaxe), PT (Pegagoxía  Terapéutica) e a orientadora, achega os seguintes documentos con actividades e recursos. Para acceder a eles, tan só hai que clicar na proposta correspondente: 

- Proposta de actividades PT.

- Proposta de actividades AL.

 

LER PRODUCE SOÑOS

 

 

"A CASA DA MOSCA CHOSCA"

 

"O GALO QUIRICO"

 

"CHIBOS CHIBÓNS"

 

"O POLO PEPE"

 

"A CEBRA CAMILA"

 

"CORRE CORRE, CABACIÑA"

 

"A HORTA DE BALBINA"

 

 "O MONSTRO DE CORES"

 

 "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO" 

 

 "COCORICO" 

 

 "A QUE SABE A LÚA?" 

 

 "O COELLIÑO BRANCO" 

 

 "PACO PAPÁN" 

 

 "ELMER"

 

 "A VACA QUE PUXO UN OVO"

 

 "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA"

PROPOSTA DE ACTIVIDADES E TAREFAS

Ademais da "Proposta de actividades xerais" que deixamos fai uns días, as titoras e titores de cada curso están facendo chegar ás familias, polos medios que temos ao noso alcance, unha serie de tarefas específicas para cada nivel: 

 

4º INFANTIL (3 ANOS) 

As titoras teñen a súa proposta de actividades nos seus blogues de aula: 

 

5º INFANTIL (4 ANOS)

O titores están facendo chegar ás familias que o soliciten a través dos seus correos electrónicos, a súa proposta de tarefas:

  • Ana: anabello@edu.xunta.es
  • Roge: rogelio.fernandez@edu.xunta.es

 

6º INFANTIL (5 ANOS)

As titoras están contactando con todas as familias, por diferentes medios, para achegar a súa proposta.

 

INGLÉS

A teacher Fidelina recomenda tratar de ter a televisión posta en canales de fala inglesa, non só en debuxos animados, tamén como música de fondo cando están xogando ou facendo manualidades. É moi beneficioso acostumar o oído a outra lingua diferente á lingua materna.

 

 

Recursos educativos para todo o alumnado de 3, 4 e 5 anos: cancións, xogos, contos... Para acceder a eles picade na imaxe. 

 

Material impreso para 5 anos que tamén está dispoñible nas librarías. Picando na imaxe tedes o material impreso do mes de abril e un novo, o do mes de maio.

 

 

 

IMPORTANTE: podedes consultar todos estos materiais, cando necesitedes, picando no lateral esquerdo desta páxina web, no apartado Departamentos- Inglés.

 

RELIXIÓN CATÓLICA

A profe Patri, ten un espazo con recursos e contidos no seu blogue: "O recuncho de reli".

 

Recordade que para calquera consulta ou dúbida, tedes a vosa disposición os correos electrónicos de todo o profesorado. Podedes acceder a eles clicando na seguinte icona 

CARTA AS NOSAS FAMILIAS

 

 

 

  

 

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Debido a situación na que nos atopamos, e para seguir mantendo unha axeitada comunicación familia-escola, poñemos a disposición das familias do noso alumnado os correos electrónicos das titoras e titores e do profesorado especialista para calquera consulta ou dúbida que poida xurdir.

 

 

  • Marisa (Directora- Audición e Linguaxe): marisabarreiro@edu.xunta.es

  • Oliva (Titora 4ºA Infantil- 3 anos): santallavazquez@edu.xunta.es

  • Marta (Titora 4ºB Infantil- 3 anos): marta.meilan@edu.xunta.es

  • Ana (Secretaria- Titora 5ºA Infantil, 4 anos): anabello@edu.xunta.es

  • Rogelio (Titor 5ºB Infantil, 4 anos- Música): rogelio.fernandez@edu.xunta.es

  • Lina (Titora 6ºA Infantil- 5 anos): linadiaz@edu.xunta.es

  • Mª José (Titora 6ºB Infantil- 5 anos): rodriguezfernandez@edu.xunta.es

  • Mercedes (Apoio Infantil-Psicomotricidade):mfb@edu.xunta.es

  • Carmela (Apoio Infantil - Atención educativa):carmela.roca@edu.xunta.es

  • Patricia (Relixión Católica): patriciamontero@edu.xunta.es

  • Fidelina (Inglés): fidelina@edu.xunta.es

  • Marta  (Pedagoxía Terapéutica): martanovo@edu.xunta.es

  • Elena (Pedagoxía Terapéutica): mariaelenaotero@edu.xunta.es

  • María (Pedagoxía Terapéutica): mariaairado@edu.xunta.es

AVISO IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO

 

 

 

Recordade que, no lateral esquerdo desta páxina, no apartado "ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021", tedes acceso directo a todo o relacionado con este proceso: prazos, postos vacantes, documentación...

 

Distribuir contido