EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

PRÍNCIPAS E PRINCESOS

Onte tivemos o pracer de desfrutar doutra das actividades dentro do "programa educar en igualdade" organizado pola ANPA da EEI de Vilalba para este mes de novembro.As alumnas e alumnos pasárono moi ben cun contacontos que achegaba novas versións de contos tradicionais. Grazas!

SEMANA EUROPEA PARA A REDUCCIÓN DE RESIDUOS

Con motivo da semana europea para a reducción de residuos, o Concello de Vilalba organizou esta actividade levada a cabo por AMBIGAL para o alumnado de 6º de E.I. Falamos da importancia de reciclar, reutilizar e reducir entre outras actividades que realizamos. Pasámolo moi ben!

MAÑÁ DE DEPORTE

 Dentro das actividades baseadas na "educación en igualdade",o pasado luns visitamos ao FSC Castro no pavillón do CEIP Antonio Insua Bermúdez(unha máis das actividades organizadas pola ANPA). As xogadoras achegáronnos ao mundo do fútbol e pasamos un rato moi divertido xogando e marcando gois.

MAGOSTO

O pasado venres celebramos o tradicional magosto na escola.Ademáis desfrutamos da obra de monicreques "Novos lobos";acividade organizada pola ANPA.

MÚSICA MIÚDA

O pasado xoves tivemos o pracer de poder disfrutar da actuacóín de "Música miúda";un grupo que nos achega versións adaptadas de contos clásicos cun toque musical.Grazas por facérnolo pasar tan ben!

 

 

                    

obradoiro de cociña

                                

E por fin chegou un dos días máis esperados do ano,o SAMAÍN! Os nenos e nenas tiñan o cole terroríficamente decorado coas súas manualidades. 

O día da celebración comezou cun obradoiro de cociña no que poidemos degustar arañas,momias, morcegos e monstros boísimos.A continuación, fixemos un obradoiro de maquillaxe para ir ben guapos e guapas a desfrutar do conto " A estraña visita";interpretado por algúns dos profes.A festa rematou coa interpretación de cancións e bailes en inglés. Pasámolo de medo!

                    

 

obradoiro de maquillaxe

                                

 

obradoiro de maquillaxe

                                

 

contacontos e baile

                                

 

decoración Samaín

                                

 

Distribuir contido