Comezo do 3º trimestre

Familia Tegriña,

Mañá martes 14 de abril comeza o trimestre máis estraño das nosas vidas... Agardamos que esteades todas ben. Temos moitísimas ganas de estar de volta nas aulas, correr polo noso xardín, facer caca de cabalo, buscar bichos por todas partes, pintarnos os puntiños, comer a nosa froitiña e o pan con aceite, festexar todas as cousas que quedaron pendentes... e darnos miles e miles de apertas! Todo chegará!!

Segunda avaliación

Segundo as instrucións recibidas nestes últimos días a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os Centros procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre ao longo desta semana.

Comunicación do Centro

Estimadas familias:

Ante a situación que se está vivindo en todas as CCAA pola crise COVID-19, feito novidoso para todas e todos, tras recibir instrucións provisionais por parte da Consellería de Educación, o equipo docente da EEI PLURILINGÜE MONTE DA GUÍA, reunido en sesión extraordinaria a mañá do venres día 13 de marzo de 2020 comunica o seguinte:

1- Durante o cese da actividade lectiva, establécense como canles de comunicación coas familias:

Modificacións no proceso de admisión

En relación coa crise COVID-19, publicáronse instrucións referentes ao PROCESO DE ADMISIÓN, nas que se indica o seguinte:

O noso proxecto

 

Unha pequena escola situada nun entorno natural, cun gran espazo exterior con árbores, horta, céspede, area... Para nós é fundamental o contacto coa natureza e a exploración nun entorno libre pero seguro.

Distribuir contido