Comunicación do Centro

Estimadas familias:

Ante a situación que se está vivindo en todas as CCAA pola crise COVID-19, feito novidoso para todas e todos, tras recibir instrucións provisionais por parte da Consellería de Educación, o equipo docente da EEI PLURILINGÜE MONTE DA GUÍA, reunido en sesión extraordinaria a mañá do venres día 13 de marzo de 2020 comunica o seguinte:

1- Durante o cese da actividade lectiva, establécense como canles de comunicación coas familias:

- O correo electrónico do Centro: eei.montedaguia@edu.xunta.gal

- Abalar móbil: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

- Blogue da escola: http://montedaguia.blogspot.com

- Teléfono en horario habitual: 886.120.960

2- Seguiremos actualizando o blogue da escola con propostas e actividades que podedes facer na casa voluntariamente, sempre acordes coa nosa metodoloxía de traballo e proxecto educativo.

3- Nos vindeiros días iremos informando das novas instrucións ou novidades que se vaian producindo.

Aproveitamos para enviarvos moito ánimo e forza neste momento difícil que nos toca vivir.

Un afectuoso saúdo para todas!

O equipo docente da EEI PLURILINGÜE MONTE DA GUÍA.