Admisión alumnado curso 2024/2025

No documento adxunto faise pública a relación de vacantes por curso para o proceso de admisión 2024/2025, así como o calendario e outra información de interese.

Para calquera dúbida, podedes contactar connosco a través das canles habituais.

Situación dos porteiros vixiantes

Compartimos coa nosa comunidade educativa este texto no que se expón a situación actual dos centros educativos, sen porteiro vixiante dende hai moitos meses, e sen solución polo momento por parte do Concello de Vigo, situación totalmente insostible para nós.

 

Escola de familias: resolución de conflitos

A vindeira semana comezamos coas sesións de Escola de Familias, este trimestre sobre RESOLUCIÓN DE CONFLITOS dentro do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

DATA: Martes 24 de outubro

HORA: de 16 a 17

Proxecto Educativo

Compartimos coa nosa comunidade educativa o noso Proxecto Educativo, aprobado en Claustro e Consello Escolar en xuño de 2023.

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor curso 2023/2024

Ábrese o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor para o curso 2023/2024.

 

As solicitudes poderán presentarse entre o 5 o e 30 de xuño.

 

Adxuntamos aquí os documentos que nos envía o Concello de Vigo.

Calendario escolar 2023/2024

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

Admisión alumnado curso 23/24

O vindeiro mércores 1 de marzo ábrese o prazo de admisión para solicitar praza para novo alumnado.

No documento adxunto tedes toda a información.

Para calquera dúbida podedes contactar connosco a través das nosas canles:

TELÉFONO: 886.120.960

Escola de Familias: Alimentación Saudable

O vindeiro MARTES 7 DE MARZO temos nova sesión de Escola de Familias no cole, da man de Catalina Prieto, de 24zanahorias.

A temática será Alimentación Saudable, e desenvolverase entre as 17 e as 18:30.

Lembrade que é imprescindible inscribirse por correo electrónico: eei.montedaguia@edu.xunta.gal.

Admisión alumnado curso 2023/2024

O día 1 de marzo comeza o prazo de admisión para novo alumnado. Xa temos aberta a axenda para que solicitedes unha visita polo Centro, onde vos explicaremos o noso proxecto educativo.

Podedes pedir cita chamando ao 886.120.960 ou solicitándoa a través do correo electrónico da escola: eei.montedaguia@edu.xunta.gal.

Escola de familias - Aprendendo a ver

Arrancamos coa primeira sesión de Escola de Familias deste curso, por fin de xeito presencial! Será ademáis unha actividade xenial, xa que é unha sesión compartida de persoas adultas e crianzas, na que os expertos de Boa Visión Óptica explicarán como é o desenvolvemento visual dos nenos e nenas a través de xogos que o fomentan.

Imprescindible inscrición a través do correo electrónico da escola indicando o número de crianzas que asistirán.

Distribuir contido