Convocatoria Asemblea ANPA

Xúntase convocatoria de Asemblea Ordinaria da ANPA da escola.

Circular informativa renovación Consello Escolar

Xúntase arquivo con información sobre a renovación do Consello Escolar.

 

Benvida e Instrucións Covid

Arrancamos un novo curso, por fin sen restricións Covid (que ganas tiñamos!).

Achegamos as Instrucións conxuntas das Consellerías de Educación e Sanidade, para a vosa información.

Vémonos mañá!

Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor

Xa están convocadas as axudas municipais para libros, material escolar e comedor para o vindeiro curso 2022/2023. O prazo de solicitude comeza o 12 de xullo e remata o 9 de agosto. Adxuntamos os documentos que nos envía o Concello de Vigo para a vosa información.

Un saudiño e bo verán!

Escola de Familias Online

O vindeiro mércores temos a última sesión de Escola de Familias Online, a través de Zoom, da man de Mario (papi de Areta, grazas!!).

Lembrade anotarvos a través do correo electrónico da escola (eei.montedaguia@edu.xunta.gal)

 

Escola de Familias Online con Lorena Gamito

O vindeiro luns temos unha nova sesión de escola de familias online con Lorena Gamito para acompañar un chisquiño máis ás familias despois desta ola da pandemia que foi tan dura para todos e todas.

Coma sempre, inscricións a través do noso correo electrónico.

Animádevos!

Inicio proceso de admisión curso 2022/2023

No documento que se adxunta compartimos convosco, familias, información importante en relación ao proceso de admisión que comezará o vindeiro 1 de marzo.

Para calquera dúbida podedes contactar connosco!

Distribuir contido