Nova información do caso positivo

Sanidade volve a poñerse en contacto coa escola e finalmente deciden extremar as precaucións na aula de 3 anos, xa que son nenos/as que non levan mascarilla durante a xornada e é inevitable o contacto entre eles en moitas ocasións. A recomendación consiste en cuarentenar esa aula durante 14 días a contar dende o día 23 de outubro (ata o 5 de novembro). O centro non ten autoridade para poñer en corentena, pero informámosvos desta decisión de Sanidade para que o teñades en conta en caso de que non se vos avise ao longo da tarde.

Confirmación caso positivo Covid

Informamos que nos acaban de confirmar un caso positivo de Covid na aula de 3 anos. Ante todo pedimos tranquilidade, xa que activados os protocolos, dende a Xefatura Territorial de Sanidade nos indican que é altamente probable que o contexto escolar quede fóra da zona de risco, polos días que pasaron dende a última asistencia ata a PCR positiva. Polo momento continuamos na escola con total normalidade, á espera de instrucións das autoridades, que vos iremos transmitindo.

Benvida!

Despois deste comezo de curso tan intenso e diferente, por fin dámosvos a benvida e compartimos convosco estes documentos informativos.

Para calquera dúbida, xa coñecedes as canles polas que podedes contactar connosco.

Plan de Adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021

Compartimos o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020/2021. Como vos dixemos nas reunións, é un documento moi importante que debedes ler con calma.

Para calquera dúbida, podedes empregar as canles que xa coñecedes (correo electrónico, Abalar, teléfono da escola).

Programa de Acollida 20/21

 

Moitos meses sen vir á escola. Moitos cambios no espazo que coñeciamos...

Precisamos dun tempiño de adaptación, de acollida e acompañamento dende a calma.

Instrucións AbalarMóbil

Como vos comentamos nas reunións desta semana, é moi importante que todas as familias descarguen a aplicación AbalarMóbil para comunicacións co Centro.

Deixamos aquí o enlace cos links de descarga e as instrucións para calquera dúbida que poidades ter. Se precisades axuda, non dubidedes en contactar coa escola.

 

Calendarios de reunións

Aínda que xa estades todas informadas, lembrámosvos que a vindeira semana as reunións de nivel para informarvos do Plan de Adaptación á Situación Covid e outras cousiñas de titoría serán nas seguintes horas e días:

LUNS 8 DE SETEMBRO - 16:00 (AULA DE 4 ANOS - FORMIGUIÑAS)

MARTES 9 DE SETEMBRO - 16:00 (AULA DE 3 ANOS)

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Achegamos a convocatoria das Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo:

 

ENLACE PARA INFORMACIÓN E TRAMITAR A SOLICITUDE

Novas instrucións para o curso 20/21

Compartimos as últimas novidades publicadas pola Consellería de Educación nestas últimas horas.

Dende a escola, estamos traballando para adaptarnos á nova situación. Farémosvos chegar información ao respecto o antes posible.

Vémonos pronto!

 

Distribuir contido