Confirmación caso positivo Covid

Informamos que nos acaban de confirmar un caso positivo de Covid na aula de 3 anos. Ante todo pedimos tranquilidade, xa que activados os protocolos, dende a Xefatura Territorial de Sanidade nos indican que é altamente probable que o contexto escolar quede fóra da zona de risco, polos días que pasaron dende a última asistencia ata a PCR positiva. Polo momento continuamos na escola con total normalidade, á espera de instrucións das autoridades, que vos iremos transmitindo.
A seguir coidándonos moito, e insistimos na calma e tranquilidade!