Nova información do caso positivo

Sanidade volve a poñerse en contacto coa escola e finalmente deciden extremar as precaucións na aula de 3 anos, xa que son nenos/as que non levan mascarilla durante a xornada e é inevitable o contacto entre eles en moitas ocasións. A recomendación consiste en cuarentenar esa aula durante 14 días a contar dende o día 23 de outubro (ata o 5 de novembro). O centro non ten autoridade para poñer en corentena, pero informámosvos desta decisión de Sanidade para que o teñades en conta en caso de que non se vos avise ao longo da tarde. Irán avisándovos para facer as PCR no centro de saúde e daranvos as instrucións oportunas. Así pois, tamén por seguridade, quedan en cuarentena as dúas mestras que pasaron por dita aula o derradeiro día da asistencia do positivo confirmado.
Son medidas de precaución, continuamos pedindo calma e tranquilidade!
Seguiremos informando en caso de novidades. Biquiños e ánimo!