Escola de Familias Online con Laura Estremera

O vindeiro sábado 29 de xaneiro teremos a segunda sesión de Escola de Familias Online. Temos a enorme sorte de poder contar con Laura Estremera, autora dos libros CRIANDO e SER NIÑOS ACOMPAÑADOS. Non faltedes!

Podedes acceder ao cartel no arquivo adxunto.

Reserva de praza - Curso 2022/2023

Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza para o noso Centro adscrito: CEP Santa Tegra (alumnado de 6º Infantil que pasa a 1º de Primaria no curso 2022/2023).

Escola de Familias online

O vindeiro XOVES 2 DE DECEMBRO temos a primeira sesión de Escola de Familias Online deste curso, da man de Rocío Álvarez, de Escuela de Emociones: "ACOMPAÑAR EMOCIÓNS, LÍMITES E CONFLITOS" (de 16:30 a 18:00).

 

Para inscribirvos, tedes que enviar un correo electrónico a eei.montedaguia@edu.xunta.gal e vos enviaremos o enlace para a conexión.

Circular eleccións Consello Escolar

O vindeiro mércores día 24 levaranse a cabo as eleccións da persoa representante do sector familias no Consello Escolar. No arquivo adxunto podedes resolver algunhas dúbidas ao respecto.

Convocatoria sector familias renovación Consello Escolar

No documento adxunto tedes a información da convocatoria de elección de representantes de familias ao Consello Escolar.

Lédea con atención e para calquera dubidiña podedes contactar connosco a través das canles habituais.

Renovación Consello Escolar

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, próximamente comezará o proceso de renovación dalgúns membros do Consello Escolar.

Adxuntamos a primeira circular informativa.

Actualización Plan de Adaptación á situación Covid

Publicada hoxe a nova versión do Plan de Adaptación á situación Covid-19, adaptamos o documento do noso Centro ás novas instrucións.

Podedes consultalo PREMENDO AQUÍ.

Plan de Continxencia

Neste enlace podedes consultar o PLAN DE CONTINXENCIA para o curso 2021/2022.

Distribuir contido