Segunda avaliación

Segundo as instrucións recibidas nestes últimos días a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os Centros procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre ao longo desta semana.

Para esta avaliación, terase en conta o traballo desenvolvido ata o 12 de marzo, data na que a Comunidade Autónoma de Galicia adoptou medidas preventivas en materia de saúde pública como consecuencia da evolución da epidemia do Covid-19.

 

Como podedes acceder ao Boletín informativo de avaliación?

A partir do venres 3 de abril toda as familias teredes acceso aos informes dos vosos fillos e fillas a través da aplicación Abalar Móbil. Como sabedes, é unha ferramenta que empezamos a empregar de xeito sistemático na escola durante este ano, axilizando así a transmisión da información (circulares, avisos...) e aportando o noso gran de area para a conservación do medio ambiente co aforro de papel que isto supón.

Sodes moitas as familias que a estades empregando, pero deixamos novamente aquí as instrucións de descarga para aquelas que aínda non a tedes descargada, xa que será a canle oficial de acceso á información da avaliación deste trimestre.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/app-de-comunicación-abalarMobil-para-familias

 

É importante que a escola teña actualizados os vosos teléfonos para que poidades acceder sen dificultade aos datos dos vosos fillos e fillas. Se tedes problemas podedes consultar os manuais que aparecen ao final da páxina ou chamar ao teléfono da escola (886.120.960).

PINCHA AQUÍ para acceder á GUÍA PARA FAMILIAS.

PINCHA AQUÍ para acceder ao FORMULARIO DE INCIDENCIAS.