Comezo do 3º trimestre

Familia Tegriña,

Mañá martes 14 de abril comeza o trimestre máis estraño das nosas vidas... Agardamos que esteades todas ben. Temos moitísimas ganas de estar de volta nas aulas, correr polo noso xardín, facer caca de cabalo, buscar bichos por todas partes, pintarnos os puntiños, comer a nosa froitiña e o pan con aceite, festexar todas as cousas que quedaron pendentes... e darnos miles e miles de apertas! Todo chegará!!

A Consellería de Educación publicou esta tarde un comunicado dirixido ás direccións dos Centros educativos no que se indica que continúa a actividade lectiva non presencial e infórmanos, asimesmo, dunha xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores 15 de abril, na que concretarán medidas para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020.

Seguide atentas a esta web e o blogue da escola. Informaremos de todas as instrucións que vaiamos recibindo.

Na imaxe da dereita (#quedanacasa) tedes acceso directo a todas as propostas que imos publicando no blogue.

Un bico moi, moi forte para as nosas formiguiñas, pitiñ@s e peixiñ@s, e para os adultos que os/as acompañades neste camiño.

Coidádevos moito e moita forza! Xa queda menos!!

Información completa NESTE LINK: Comunicado do 13 de abril do 2020