Skip to Content

Contos na biblioteca

Día Internacional do JAZZ

 

Hoxe celébrase o Día Internacional do Jazz

 Un punteo con o contrabaixo, un armónico co piano, o son dunha trompeta, os platillos de batería e finalmente a voz melodiosa do cantante. Podría tratarse do comezo dunha canción de Jazz, un estilo musical coñecido internacionalmente pola fusión de  estilos musicais de diversas procedencias e que logra unha expresión armoniosa á que son sensibles moitas culturas distintas. 

 

Follow the journey of a bear who becomes a musical sensation through his piano playing. He becomes famous and popular but misses his home and friends. This lovely story is read by teacher Goele Deckers who is also at the piano playing “ Sad Bear” accompanied by teacher Paula Davila playing the oboe. Enjoy!

 

 

Neste corto ides coñecer a Princesa Violoncello, da illa de Sinfonía, que é perseguida polo Saxofón da Illa do Jazz. 

 

 

 Vós creedes que un gato pode tocar Jazz, mirade este video e saldredes de dúbidas.

 

Por fin fóra de casa

XA SAÍMOS DA CASA

 

 

  Bo día amiguiños e amiguiñas, que tal ese paseo que déchedes pretiño da vosa casa?

Seguro que foi moi moi especial e divertido volver a pisar  as beirarrúas aínda que non puideras xogar cos amigos.

Breixo e a súa familia queren agasallarte cun conto para que sepas o que tés que facer. Pincha na imaxe.

 

 

 Hoxe voute amosar algúns cortos , dos que traballamos " No Reino das Emocións" sobre a importancia do traballo en equipo, igual que fixemos estes días quedánnos todos en casa e axudando  nesta situación.

Eu quero saber como te sentiches cando puideches saír coa túa familia e crees un emoticono nun folio da túa emoción.

( podes buscar no móvil diferentes emoticonos ).

Con todos os que me enviades farei un collage xigante.

  

 

 

   

                       

 

Hoxe toca un CONTO sen final

Bo día rapaces e rapazas :

Seguro que botades de menos estar na biblioteca da escola e que as vosas mestras vos lean un conto.

Estiven buscando algún conto que nunca, nunca, nunca escoitarades .... e sabedes que aconteceu que atopeime con esta historia e agora estou moi preocupada.

 

Xa sabedes cal é  a miña preocupación????

 

Podedes axudarme ???

A vosa misión é facer o debuxo de Leotolda para que eu poida completar a páxina do libro que falta.

Deixade voar a voa imaxinación , utilizade soamente as cores propostas e seguide todas as pistas que vos deixan os seus amigos e amigas no conto.

Podedes enviarme os vosos debuxos  ao correo da escola ou o correo das vosas mestras.

DÍA DO TEATRO: sombras e maquillaxe

AQUÍ DEIXÁMOSVOS ALGÚNS DOS TEATRIÑOS QUE FIXERON OS VOSOS AMIGOS E AMIGAS  COA AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS.     

                  ENCANTÁRONNOS !!!!

 


 

 

E XOAN CONVERTEUSE EN CAN! 

  

 

 

Actividade Xoga coas Manciñas

O MARTES ESTIVO NA ESCOLA, DAVID, UN MONITOR DE XOGA, A ORGANIZACIÓN DE XORDOS DE GALICIA.

VEUNOS CONTAR A HISTORIA DE DULCE, UNHA NENA XORDOCEGA. FALOUNOS DAS COUSAS QUE LLE GUSTAN E  AS FERRAMENTAS QUE LLE AXUDAN A SE COMUNICAR E APRENDER. PARA SE COMUNICAR, USA A LINGUA DE SIGNOS, OS SEUS LIBROS ESTÁN EN BRAILLE, PARA PODELOS LER, PARA CAMIÑAR POLA RÚA, TEN UNHA VARIÑA MÁXICA, UN BASTÓN BRANCO E VERMELLO CO QUE PODE ELUDIR OS OBSTÁCULOS QUE SE PRESENTAN. 

 

DAVID CONTOUNOS EN LINGUA DE SIGNOS, O CONTO PREFERIDO DE DULCE, O MOSTRO DAS CORES. E DEIXOUNOS USAR O BASTÓN DE DULCE. QUE DIFÍCIL NON TROPEZAR COS AMIGOS......QUE RISAS!

LEMBRADES QUE EN XUÑO GANAMOS O 1º PREMIO DO XOGA COAS MANCIÑAS POLA INTERPRETACIÓN DA CANCIÓN O RARO CAN EN LINGUA E SIGNOS?

POIS ESTE FOI O NOSO PREMIO.

 

 

Obradoiro de Igualdade

Camiña con nós pola igualdade

 

É un programa educativo desenvolvido dende a Consellería de Igualdade do Concello de Vigo, cuXa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oprotunidades entre nenas e nenos dende  a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

A nosa colaboradora foi ELSA, fíxonos relfexionar sobre os xoguetes, a roupa  e os colores, xogando a descubrir se son diferentes para os nenos que para as nenas.

Foi moi interesante saber as opinións dos Botóns, pois nalgunhas cousa estaban de acordo pero noutras tivemos diferentes opinións.

Seguiremos traballando con Elsa noutras sesións ao longo deste curso escolar.

 

 

 

Inauguración no CEP Plurilingüe Igrexa Valadares

 

 
            CONTOS con MÚSICA no CEP P. Igrexa- Valadares
 
O venres, 25 de outubro, estivemos de invitados na inauguración dun novo curso da Biblioteca Escolar dos compañeiros/as do cole de maiores.
 
Puidemos desfrutar cos nosos/as amigos/as de contos con música , baile  e poemas.
 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o fixeron os alumnos/as da escola de primaria.
 


 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut