Skip to Content

Voz natura

ANIMAIS E BECHIÑOS ANDAN NO NOSO PATIO

ESTE TRIMESTRE ESTAMOS ENCANTAD@S DE OBSERVAR E APRENDER DOS ANIMAIS E BECHOS QUE COMPARTEN O NOSO CAMIÑAR NO TEMPO DE ESCOLA. VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS. OVÍPAROS, INSECTOS, REPTILES,ARAÑAS, MIÑOCAS,.... INVESTIGAMOS QUE COMEN, COMO NACEN, CADA DÍA DESCUBRIMOS ALGO NOVO!

 

NO NOSO CADERNO, DEBUXAMOS OS BECHOS QUE ATOPAMOS, , ESCRIBIMOS O SEU NOME, O SITIO NO QUE OS ENCONTRAMOS, ALGO QUE XA SABEMOS, SE PODEMOS MEDÍMOLOS, 

HOXE APARECEU NA ENTRADA DO COLE, UNHA PÍNTEGA, OBSERVÁMOLA MOI DE PERTO E DECATÁMONOS QUE ESTABA MOI GORDIÑA, PARECÍA QUE ESTABA PREÑADA ASÍ QUE BUSCAMOS EN INTERNET E DESCUBRIMOSQUE AS PÍNTEGAS SON OS ÚNICOS ANFIBIOS OVOVIVÍPAROS QUE TEMOS EN GALICIA, ATA POIDA QUE ESTA FOSE UNHA SALAMÁNTIGA VIVÍPERA QUE PARIRÁ AS SÚAS CRÍAS XA FORMADAS. DESPOIS DE OBSERVALA CON ATENCIÓN, DEVOLVÉMOLA AO PATIO PARA QUE SEGUISE A SÚA EXISTENCIA TRANQUILAMENTE. 

 

 

Agradecementos de UNICEF

 GRAZAS , GRAZAS E GRAZAS.

Aquí tedes o diploma da nosa participación e colaboración coa campaña de Unicef: Gotas por Níxer.

Esperamos con moitas ganas o vindeiro curso para poder celebralo coas familias e os compañeiros/as de primaria.

 

         

 

 

       

 

       

 

Podedes ver a Carreira de Gotas deste curso no apartado:

Aula do Anano (psicomotricidade)

 

 

Rescatando animais

 

              ANIMAIS E BICHIÑOS ANDAN POLO CAMIÑO


Iniciamos este trimestre cun novo proxecto na escola, na sesión de psicomotricidade, tivemos que atopar e rescatar diferentes animais seguindo o percorrido da corda.

     

 

     

 

   

 

 

 

 

 

III Carreira Gotas por Níxer

 

    III   CARREIRA SOLIDARIA DE GOTAS POR NÍXER

 UNICEF leva 75 anos traballando para llevar auga a tódolos nenos e nenas do mundo. Nas últimas décadas, os retos que afronta a humanidade respecto á auga cambiaron: agora dispomos de tecnoloxías máis eficaces pero a amenaza da crisis climática, dos conflictos e das pandemias fan que no momento actual sexa clave para redoblar os nosos esforzos. Este dereito a auga motívanos para por a nosa gota. ¡Cada gota conta!

 

Por terceiro ano, preparamos unha carreira solidaria, este ano a causa da Covid, sen a participación das familias

              

 

 

 

 

GRAZAS OS PATROCINADORES:

 

                       

Obradoiro Día da Árbore

 

7ª OBRADOIRO: O  Día da Árbore  celébrase cada 21 de marzo, coincidendo (normalmente) con  equinoccio de primavera

Grazas ás árbores podemos respirar aire puro, evitar as inundaciones ou tamén son fontes de vida para moitos ecosistemas, sin olvidar que suministran unha das materias primas más importantes: a madeira.

 

A Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971 aceptou esta recomendación e estableceu o 21 de marzo para celebrar o Día da Árbore. 

 

Dende a escola traballamos sempre para respetar e coidar o noso entorno mais preto (o noso xardín). Levamos dous anos prantando árbores que nos axuden nesta tarefa, este ano dedicamos o obradoiro da Fada do Alba a crear a nosa  árbore coa que recordar esta data e a nosa tarefa de protexer os bosques.

 

 

 

 

 

     

 

Día da Poesía: A nena que falaba coas árbores

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética.A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar.

O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.

Nos atopamos un poema no inicio deste libro: A nena que falaba coas árbores.

A través do cal escoitamos as palabras que saén o escoitar ás árbores:

                                               

 

                             

 

                                    Despois de escoitar os poemas, tiñamos que buscar o poema oculta nunha árbore da escola. O poema formaría parte da nosa árbore como agasallo polo Dïa da Árbore que tamén se celebra nesta data.

 

 

 

 

 

                                            

 

 

Camiñamos: animais e as súas crías na veciñanza

O AVÓ DE NAIRA, DA CLASE DOS KOALAS VIVE  MOI PERTO DA NOSA ESCOLA, PASANDO O  CAMIÑO DO LARANXO, UNS 30 METROS, MÁIS OU MENOS.  A SÚA OVELLA ACABA DE TER DOUS AÑOS E INVÍTANOS A QUE VAIAMOS ONDA EL PARA COÑECELOS. E ALÁ IMOS TODA A ESCOLA, POR CLASES.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AQUÍ A MAMÁ OVELLA E OS DOUS AÑOS, QUE LINDOS!

A MAMÁ COELLA TIÑA 8 CAZAPIÑOS!

MAMÁS E CRÍAS ESTABAN ASUSTADAS CON TANTAS NENAS E NENOS PERO  PUIDEMOS OBSERVALAS A MOI POUCA DISTANCIA.

O AVÓ COLLEU NO COLO UN AÑO E TAMÉN UN CAZAPO, DEIXOUNOS TOCALOS, E QUE SE ATREVEU, CON MOITO AGARIMO COLLEUNOS NO COLO!

MOITAS GRAZAS, VECIÑO!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut