Skip to Content

Voz natura

DESCUBRIMOS AS ÁRBORES DA NOSA ESCOLA

Na nosa escola estamos rodeados de moitas árbores. Os elefantes decidimos sair o patio a observalas e coñecelas un pouco mellor.

Descubrimos que algunhas son moi altas, outras dan froitos e todas teñen as follas de distintas formas e cores. Escollemos algunhas das árbores (camelia, laranxeira, cerdeira, abeto e moreira) e as plasmamos nun mural.

Nubes veñen e van

Este ano imos falar da auga, do seu ciclo, experimentos e de como levar a cabo un bo aproveitamento da mesma.

Para iso comezamos o proxecto deixando na clase unha pinga de auga cunha carta. A nosa amiga Pingui, dixonos que era unha pinga e de onde saen e a onde van, deixounos  información sobre as nubes e preguntounos o que sabíamos e que queríamos aprender.

PASEANDO DESCUBRIMOS O OUTONO

O XOVES SAIMOS POLO MONTE QUE ESTÁ PRETO DA NOSA ESCOLA PARA VER OS CAMBIOS NA ATUREZA NESTA NOVA ESTACIÓN, O OUTONO.

RECOLLIMOS FOLLAS, LANDRAS, PAOS PARA TRABALLAR E CREAR NA NOSA ESCOLA.

FOI UNHA MAÑÁ CHEA DE AVENTURAS !!!!

 

 

Camiñando polo monte .

Canguros e Tigres saímos pola mañá, preparados coas nosas mochilas coa merenda e agua, provistos de zapatos cómodos. Guiados pola profe Laura, que nos vai levar ata a súa casa polo medio do bosque que se atopa escondido preto da nosa escola. 

Este é noso percorrido, unha boa camiñada!

 

Pasamos polo Torreiro, a panadería, deixamos atrás a casa de Luca e .....este bosque é todo un descubrimento!

 

E atopamos pedras, follas, piñas, líquens, paus, ..., nun outono dourado

e regatos, sinais, cogumelos, ciclistas, depósitos de auga, ......

Tamén puidemos descansar, xogar, merendar, escalar rochas, facer cabanas cos paus,...

O regreso, todo costa arriba, con paradiña para beber. 

Pasámolo moi ben!

 

 

DÍA DA TERRA

 

 O DÍA 22 DE ABRIL, OS KOALAS, CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA:

- FALAMOS DA IMPORTANCIA DE COIDAR O NOSO

PLANETA

- FIXEMOS UNS COLGANTES CON PASTA BLANCA

- ESCOITAMOS A CANCIÓN DA SERIE VERANO AZUL "NO MATEIS MI PLANETA POR FAVOR"

 

 

 

OS ANIMAIS QUE NOS VISITAN

ALGUNS TIGRES SON ESPECIALISTAS EN ATRAPAR  ANIMAIS VIVOS E CON MOITO COIDADO, TRAELOS Á ESCOLA . ASÍ PODEMOS OBSERVALOS VIVOS E TAMÉN VELOS COAS NOSAS LUPAS E VISORES. DESPOIS SOLTÁMOLOS NO XARDÍN OU REGRESAN CON QUE OS TROUXO Ó COLE

CAROLINA ATOPOU CARACOIS. É UNHA EXPERTA EN CAPTURALOS!

CAROLINA CONTOUNOS MOITAS COUSAS DOS CARACOIS, COMO NACEN, QUE COMEN, .... E QUE BEN VIMOS OS OLLOS SITUADOS NOS CORNOS LONGOS! 

NENE ENCONTROU E FOI QUEN DE ATRAPAR...... 

 

VIMOS AS ESCAMAS, CONTAMOS AS PATAS, OBSERVAMOS A SÚA POSICIÓN ÓS LADOS DO CORPO, OS DEDOS LONGOS,4 EN CADA PATA, A CABEZA TRIANGULAR. SABEMOS QUE SON VERTEBRADOS QUE POÑEN OVOS. AVERIGUAMOS QUE SON REPTILES, DA FAMILIA DO LISCANSO QUE ATOPAMOS OUTRO DÍA NO COLE, DOS LAGARTOS, DAS SERPES OU DOS CROCODILOS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut