Skip to Content

Febreiro 2021

Obradoiro Rosalía de Castro

 6 OBRADOIRO   : obradoiro de Rosalía, preparando unha flor de papel

Cando chegamos a Biblioteca, atopamos un libro, depresores de madeira, pompóns, pegamento.... tiñamos que facer unha flor para que formara parte do agasallo polo Día de Rosalía de Castro.

 

 

 

 

 

      

 

 

 

 

 

 

Bailando un poema de Rosalía

Este ano seguimos a proposta da AELG, para facer no Día de Rosalía de Castro.
Bailando o seu poema : Isca d`ai .
O Grupo Lelli Kellies fixeron unha coreografía do poema que nós interpretamos a nosa maneira.
Desfrutade do nosos bailes e podedes practicalos na casa. 
 
 
 
 
 
 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o nacemento da escritora Rosalía de Castro, e seguindo o ronsel dos seus versos:

"Has de cantar,

meniña gaiteira,

has de cantar"

e a proposta da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega" este ano no Monte do Alba, cantamos, bailamos, ó estilo do grupo Lelli Kellies, convertendo o cole nun galiñeiro e nós mesm@s en galiñas...

Que bonitos quedaron os nosos  disfraces.

Tamén vimos un vídeo sobre a vida e obra de Rosalía.


Esta semana, na biblioteca, fixemos unha flor e a fada Alba, a fada que nos libros anda, deixounos un conto como agasallo.

  

 No día de Rosalía, un libro e unha flor.

E despois, no patio, xogamos co vento que parecía dicir mrntres zoaba;

"isca d´aí, galiña maldita, isca d´ai, non me mórdala pita,

"isca d´aí, galiña ladroa,isca d´aí pra cas´da túa dona"

Experimentos na casa. Científicos/as en prácticas IV

E seguimos cos máis experimentos, moitas  grazas pola vosa participación.

 A PEMENTA QUE FUXE

 Precisamos: un prato sopeiro, auga, pementa en pó e deterxente líquido.

Procedemento

  1. Enchemos o prato fondo coa aug
  2. Engadimos a pementa. Se metemos un dedo no prato, a pementa queda onde está
  3. Engadimos unha pinga de xabón líquido nun dedo.
  4. Introducimos o dedo con xabón no prato e vemos cómo a pementa foxe do centro do prato.

Explicación : Isto débese a que a pementa flota sobre a superficie da agua onde hai unha capa de aguga máis firme: a tensión superficial. Ó introducir o xabón, a tensión superficial diminúe no centro facendo fuxir á pementa.

 

             

                                                     

 A DENSIDADE DOS LÍQUIDOS. )

 Aprenderemos unha propiedade característica dos líquidos "DENSIDADE" mediante unha aplicación práctica: mesturando aceite e agua, o líquido de menor densidade colócase na parte superior do vaso (neste caso o aceite), mentres que o de maior densidade vaise cara a zona baixa do vaso, (neste caso al auga) sendo imposible que se mesturen. 

 
MAIS EXPERIMENTOS COA AUGA.  Moi ben explicado pola nosa científica. Escoitade con moita atención
 
 
 
 
 
 
 
 

Experimentos na casa. Científicos/as en prácticas III

Continuamos con máis experimentos: 

OVO QUE FLOTA. 

Atendede ben a explicación  e seguro que teredes un bo éxito nesta experiencia. 

EXPERIMENTAMOS COA AUGA: 
Para estes dous experimentos precisamos: auga, (nun cnco e nun vaso), un clip de metal, aceite, un anaco de papel, moedas iguais e xabón da louza.
Primeiro imos comprobar a resistencia da superficie da auga
Enchemos un cunco de de auga. Se botamos un clip metálico, este vai ó fondo. Para evitalo temos que untalo con aceite e colocalo nun anaco de papel que deixamos con coidado sobre a auga. Case de contado, observamos como o papel comeza a mollarse e afundirse mentres que, sorprendentemente, o clip mantense frotando na auga. Cunhas pingas de xabón da louza o clip afundirase no momento.
 
                         
                               
 
Agora, PROBAMOS A ELASTIVIDADE:
Continuamos co das moedas para probar esta vez a elasticidade.Enchemos ata o borde un vaso de auga e comezamos a botar moedas, unha a unha. Observamos que o nivel da auga sobe mentres que no borde cúrvase pero sen chegar a botar por fóra. Para que isto aconteza, basta con botar, novamente, unhas pingas de xabón lavalouzas.

                   
 
Fotos doutro experimento que fixemos coa auga. É o de virar o vaso  foi o que máis lle custou pero empeñouse en facelo, e finalmente saiulle!! 
 
                   
          
               

Experimentos na casa. Científicos/as en prácticas II

 FONTE AUTOMÁTICA. 

Usamos un globo, unha palla, unha botella Auga e colorante.  
Esperamos que vos guste!

VOLCÁN DE BICARBONATO

Ingredientes: auga, xabón lavalouzas, vinagre de manzá, colorante alimentario, plastilina,(para decorar o volcán por fóra),botella de auga, (plástica) e bicarbonato de sodio. Decorou a botella con plastilina ó seu gusto, botou auga con xabón, despois o vinagre, luego o colorante (elixiu vermello) e por último, o bicarbonato. Este foi o resultado!

 

ARCO DA VELLA MEZCLADO.

3 botes de cristal cheos de agua ata a metade, 2 servilletas enroscadas e pintura

Introducimos as servilletas dun extremo ó outro do vaso con pintura ou acuarela diluida.
Nuns minutos vemos coma van subindo as cores pola servilleta ata a metade.

    

 

 
 

 

 

 DENSIDAD DEL AGUA.  

Collemos 2 vasos con auga. A un botámoslle só 1 cullaradiña de sal e ó outro 4. 

O ovo só flotará no que tén 4 cullaradiñas, porque é máis densa. 
   

Experimentos na casa. Científicos/as en prácticas I

LETRAS QUE BAILAN.
 

COÑECEMOS A FORZA DA GRAVIDADE

Enchemos un vaso con auga ata o bordo, puxemos unha carta a modo de tapa e démoslle volta ó vaso. Sorprendeuse moito cando viu que non caia a auga , por que a forza da gravidade fai forza cara arriba. Image

PALETA DE CORES. 

Con colorante alimentario amarelo, azul e vermello, e auga, creamos unha paleta de cores. Amarelo e azul fan verde, vermello e amarelo, laranxae con  azul e vermello obtemos lila.  Traspasamos a auga coloreada con  diferentes ferramentas para facer xeo de cores. Poderemos seguir mesturando e creando moitas máis cores. 

ARCOIRIS  TODO VA A SAÍR BEN

         

MAXIA PARA APAGAR O LUME.

Mesturando vinagre e bicarbonato de sodio, e unha reacción espumosa que produce dióxido de carbono. Non se puede ver, pero en realidade podemos encher un vaso con el porque o dióxido de carbono é máis pesado que o aire.

Cando se verte sobre a chama ,empuxa o oxíxeno lonxe e  a chama da candea se apaga.
  
 
 FABRICANDO LAVA
 

Día da muller e a Nena na ciencia

A Fada do Alba, deixounos un xogo para coñecer quen creara diferentes obxetos, máquinas... que hoxe son moi habituais na nosa vida ( un home ou unha muller). 

Para poder aprender un pouco mais vimos o video:

Os Lunnis coñecen a Maria Moliner (podedes buscalo pola rede).

Conseguimos o noso carnet de científico/ca en prácticas, despois de resolver o xogo ... aproveitamos o descanso de entroido para facer experimentos en familia.

Buscade no blogue da Fada para atopalos. Moita sorte

 

 

 

 

 

Sé un científco ou científica en prácticas

O día 11 de febreiro , celébrase  o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Dende a Biblioteca, queremos proporvos unha actividade  científica, aproveitando que estamos de vacacións de Entroido.

 

Buscade por internet algún experimento sencillo e animádevos a facelo na vosa casa en familia.

Despois enviade algunha foto do voso experimento e unha pequena explicación o seguinte correo:

                                      eei.monte.alba@edu.xunta.es

Compartiremos todos os experimentos cos demais compañeiros/as da escola.

                                 ANIMÁDEVOS a pasar un bo rato en familia e convertir os vosos fillos e fillas en científicos e científicas en prácticas.

                                          A FADA DO ALBA  

Obradoiro de Entroido

5 º OBRADOIRO DE ENTROIDO

Un día do inicio do mes de febreiro, atopamos na Biblioteca, un montón de máscaras, pegamentos e moitos detalles de decoración.

Tiñamos un novo obradoiro.... o noso traballo era decorar ás máscaras para poder decorar o espazo donde estará ubicado o noso MECO DON CORREIDÓN.

 

 



by Dr. Radut