Skip to Content

Novembro 2020

2ª Obradoiro:Preparando o Nadal

Durante dúas semanas estivemos preparando a decoración de Nadal para os corredores da escola.

Tivemos que pintar cartón en forma de bolas de Nadal e logo por minigrupos escoller a decoración da bola: facendo copos de neve, decorando con monecos de neve de pegatinas, ou colocando neve con gomets.

 

 

 

 

 

 

 

Rematada a tarefa, xa podemos desfrutar das nosas bolas decorando os corredores da escola. 

Moitas  grazas e BO NADAL, ós Tigres, os Canguros e os Koalas.

DÍA DA INFANCIA

  O 20 DE  NOVEMBRO CELEBRAMOS NA NOSA ESCOLA

"O DÍA DA INFANCIA"

-LEMOS CONTOS: "TENGO DERECHO A SER NIÑO",PROFUNDIZANDO NOS DEREITOS QUE TEÑEN TÓDOLOS NENOS E NENAS DO MUNDO. "CADA UN É ESPECIAL" QUE NOS AXUDA A VALORAR AS DIFERENCIAS COMO VALOR POSITIVO QUE NOS ENRIQUECE, CONTRIBUÍNDO TAMÉN NA PROPIA ESTIMA.

 

                      

- PLANTAMOS NUN VASO, COA NOSA FOTO, SEMENTES DE CÉSPEDE: POÑEMOS TERRA LOGO SEMENTE, CUBRIR CON MÁIS TERRA, REGAR E..A ESPERAR QUE SAIA O PELO!!!

- ELABORAMOS UN MURAL: FIXÉMOLO COAS MANS DE TODA A XENTE DA ESCOLA:: (NENAS,NENOS E MESTRAS)

- E POR ÚLTIMO DESFRUTAMOS DUNHA CHOCOLATADA, A QUE NOS INVITOU EUGENIA, A NOSA VECIÑA E ALIMENTACIÓN BARGIELA. GRAZAS

 

 

OS CANGUROS PLANTAMOS O CÉSPEDE NO XARDÍN APROVEITANDO O BO TEMPO.

 

Radio. Torreiro

Cando estabamos no Torreiro co papá de Alba Pazó, Pablo, aprendendo cousas dos Rallys, cchegaron oa xornalistas de radio Valadares e fixéronos unha entrevista. Podedes oirnospinchando  na seguinte gravación:
 
 

Canguros na radio

 

 

 

 
    Seguimos coas nosas entrevistas en Radio Valadares. Esta vez, tocoulle a clase dos "Canguros" . Conversaron sobre o premio que nos concedeu Voz Natura polo noso proxecto de Horta escolar. Escoitade que ben explican o que plantamos tanto o ano pasado coma este, que xa temos a nosa horta en pleno randimento. Así mesmo informaron sobre a celebración do Magosto que tiña lugar  ese mesmo día. 
 
Bravo Canguros!

Enquisa nº1

Xa temos aquí as vosas respostas sobre o reciclaxe de lixo das vosas casas.

Grazas por participar

Estas son algunhas das vosas respostas.

 

 

 

 

 

Agora toca en casa, seguir reciclando , reducindo e reutilizando plásticos.

 

Entre todas as vosas respostas, estos son os resultados de lixo da nosa escola.

 

 

Chegou o Samaín a nosa biblioteca

                       CHEGOU O SAMAÍN

Esta semana a Fada deixounos tres xogos de medo. 

 

Xogamos na mesa de luz a porlle os ollos aos monstruos....

      

 Unhas arañas metidas nun labirinto que tiñamos que rescatar cunhas pinzas....

 

 

Usamos os scornabots para localizar as imaxes de samaín do taboleiro...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa de Radio

 
O venres 30 de outubro, día da festa de Samaín no cole, Radio Valadares conectou connosco, "Os Tigres" para falar do medo, aquí podedes oír as cousas que lles contamos. Na clase xa falaramos sobre os nosos medos e as cousas que podíamos facer para superalos, tamén escoitamos contos e puidemos aprender dos recursos que usan os protagonistas das historias, a imaxinación, a risa, a axuda da familia e tamén puidemos coñeceras as receitas das  amigas e amigos para enfrontalos. Laia, que teme a escuridade coma outras nenas e nenos da clase, usa unha pequena luz que a espanta. Con Carolina, Julia ou Loli que se asustan de morcegos, serpes e arañas pensamos que se coñecen estes animais decataranse que non hai motivo para os temer. Dany reflexionaba sobre os aterradores "homes lobo", uns homes que as veces andan coma lobos, inda que finalmente recoñecía que só existían na imaxinación. Xoán declarou que el non lle mete medo  nada, polo de agora  pero logo non se atreveu a falar pola radio. Con Mateo tivémolo un chisco máis difícil porque lle ten medo ó sol xa que descubriu cando naceu que era un vampiro e claro......menos mal que na escola temos un potente protector solar, pantalla total para saír ó patio. Este é un pequeno resumo do que se falou na clase uns días antes da conexión da conexión radiofónica que nos cortou un pouquiño, normal, chámase medo escénico... 


by Dr. Radut