Skip to Content

Educación Física

Campo a través

O alumnado do CRA Amencer participou na final comarcal do Ribeiro de campo a través, unha das probas de atletismo, que tivo lungar no campo de fútbol de O Xestal.

A proba consistiu en dúas voltas ao campo de fútbol para a categoría de benxamín mixto, na que se clasificou Selena para o provincial.

XOGANDO CO ATLETISMO - 27 abril 2017 -

Boa tarde a tod@s.

Unha nova cita deportiva, desta volta ó xoves 27 de abril, no polideportivo de Ribadavia.

Achegámonos a disfrutar das diferentes probas do atletismo, na que o principal obxectivo foi divertirse e probar as múltiples disciplinas como  son: salto lonxitude, lanzamento de peso, xabalina, salto de altura e diferentes carreiras de velocidade e relevos.

Aquí vai o vídeo da actividade...

 

 

¡Tod@s somos un equipo!

PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS -18 febreiro 2017-

Bo día a tod@s

Aquí vos deixo o vídeo do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 18 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ó Concello do Pereiro de Aguiar.

Comezou a xornada para ó equipo do CRA Amencer agardando o bus nas paradas previstas de San Cristovo e Francelos, logo chegada a Ourense; xa na instalación se disputou a proba.

Gran participación e só me queda felicitar a tod@s @s participantes e lembrade...

 

 

¡Tod@s somos un equipo!

CAMPO A TRAVÉS -19 xaneiro 2017-

O alumnado do CRA Amencer participou na final comarcal do Ribeiro de campo a través, unha das probas de atletismo máis divertidas. Achegámonos ata o campo de fútbol de O Xestal, con dous equipos de Benxamín mixto.

A proba consistiu en dúas voltas ó campo de fútbol para esta categoría; mantendo postos de clasificación para o provincial de febreiro na maior parte da carreira.

Finalmente, destácase o bo facer dos dous equipos benxamín, e felicitamos a Olaya polo fantástico 5º posto que a clasificou para o provincial.

 

 

Tod@s somos un equipo!

XOGOS POPULARES

O alumando do CRA Amencer practicou ao longo de 15 días múltiples xogos populares enmarcados no programa Xogade pertencente ó Deporte escolar galego, xogos de sempre, que lle achegan a cultura e tradición presente en todas as familias galegas.

 

Un saúdo.

QUE BOA MAÑÁ VAI!!!

Que ben se está xogando fora!!!

CAMPIONATO PROVINCIAL

Este ano celebrouse o campionato provincial de campo a través en Ribadavia e participou unha alumna do noso colexio. O importante foi disfrutar da xornada e divertirse correndo. Así de ben o pasamos:

Todo preparado para facer o quecemento

Na liña de saída....

Preparados, listos......XA

Chegando a liña de meta

Misión cumprida.

Campo a Través

Saimos do centro

Preparados para o quecemento

Xa estamos preparados para tomar a saída.

Xa vou algo cansa.

Xa falta menos.

A topeee

Está chupadooo

Uns estiramentos para rematar.

Que ben o pasamos.... voltamos para a escola....moi cansos.

Distribuir contido


by Dr. Radut