Skip to Content

Educación Física

Orientación

O mércores 12 de maio participamos nunha xornada de orientación co alumnado de 1º e 2º curso. Pasárono de marabilla!

Preme na foto para ver a galería.

Campo a Través Provincial

Un alumno e unha alumna clasificáronse para o campionato provincial de campo a través na modalidade do Xogade. Esta proba realizouse o domingo 13 de febreiro. A pesar da chuvia pasaron un rato entretido facendo actividade física. Parabéns!!

 

Campo a Través Comarcal

O 26 de novembro celebramos o campionato comarcal de Campo a Través dentro da modalidade do Xogade. O alumnado deuno todo e pasou unha mañá diferente practicando deporte e relacionándose co alumnado de outros colexios. Pasárono xenial!

 Preme na imaxe para ver a galería.

GRAZAS!!!

Ola:

Ata aquí chega o traballo de Educación Física. A todos/as os/as que participastes, a todos/as que fixestes posible que seguiramos funcionando,

a todos/as que lle dades importancia a cada actividade que se plantexa, a todos/as que nos valorades, que nos respetades, que nos apreciades...

MOITAS GRAZAS!!!

Sodes unha parte imprescindible no noso traballo, no correcto funcionamento dun centro e na educación integral dos vosos fillos e fillas.

Sen vós nada sería posible.

MOITAS GRAZAS!!!

 

EDUCACIÓN FÍSICA: Actividades do 1 de xuño ata o 5 de xuño

Ola!!

Entramos na recta final do curso e propóñovos 4 actividades moi divertidas.

Espero que vos gusten.

 

RETO 1: ERGUERSE

Nesta actividade tedes que intentar erguervos sen utilizar as mans nin os brazos. Partides da posición de boca abaixo.

Preme na imaxe:

 

 

RETO 2: A ZAPATILLA

Nesta actividade tedes que intentar dar a volta (estando boca abaixo). Parece fácil, pero tedes que colocar unha zapatilla nun pé e tedes que dar a volta sen que caia.

Preme na imaxe:

 

 

RETO 3: A BOTELLA

Esta actividade seguro que a coñecedes todos e todas. Tedes que lanzar unha botella e ten que cair de pé.

Preme na imaxe:

 

 

RETO 4: A MOEDA NA BOTELLA

Necesitades unha botella, unha moeda que entre polo bico da botella e un papel. Tedes que intentar meter a moeda dentro da botella tirando do papel.

Preme na foto:

 

A XOGAR!!!

EDUCACIÓN FÍSICA: Traballo do 25 ao 30 de maio

Ola:

Para por fin a este mes de maio propoño tres retos, a ver que é capaz de facelos.

Espero que vos gusten

 

RETO 1: O CAMBIO DE CADEIRA

Pare este reto precisades dúas cadeiras. Tedes que intentar pasar dunha cadeira a outra sen utilizar as mans nin tocar o chan.

Preme na imaxe:

 

 

RETO 2: A GORRA

Neste reto tedes que intentar por a gorra lanzandoa intentando que caia na cabeza.

Preme na imaxe:

 

RETO 3: COLLER O PAPEL

Necesitades un folio. Colocades o papel de xeito que quede de pé. Tedes que intentar collelo coa boca estando a pata coxa.

Podedes fecelo apoiando as dúas pernas se vos resulta moi complicado.

Preme na imaxe:

 

A XOGAR!!!

EDUCACIÓN FÍSICA: Traballo do 18 ata o 22 de maio

Ola!!

Esta semana propoño 4 retos para os que so precisaredes rolos de papel hixiénico.

Espero que vos gusten!!

 

RETO 1: A TORRE

Nesta actividade precisades 6 rolos de papel hixíenico. Colocados en plancha, so apoindo os pás e as mans tedes que intentar facer unha torre.

Preme na imaxe:

 

RETO 2: A TORRE COS PÉS

Nesta actividades tamén tedes que facer unha torre pero desta vez cos pés. So precisades catro rolos.

Preme na imaxe:

 

RETO 3: SENTADILLA EN EQUILIBRIO

Neste reto tedes que intentar sentarvos e levantarvos 3 veces (sentadillas) cun rolo de papel na cabeza.

Preme na imaxe:

 

 

RETO 4: O VASO E O ROLO

 

Necesitades tres rolos de papel e 3 vasos de plástico. Colocades cada vaso encima dun rolo. Tedes que golpear o rolo e intentar que o vaso caia de pé.

Quen será capaz?

Preme na imaxe:

 

 

A XOGAR!!!

 

EDUCACIÓN FÍSICA: Traballo do 11 de maio ao 15 de maio

Ola!!

Esta semana celebramos a semana das Letras Galegas. A cultura e a actividade física sempre foron parellas por iso esta semana a miña proposta son

os Xogos Populares.

Vou poñer 4 xogos pero si queredes engadir algún máis non hai problema, podedes xogar a estes ou a outros que coñezan os vosos pais/nais ou avós/avoas.

Espero que vos gusten.

 

XOGO 1: A MARIOLA

Este xogo penso que xa o coñecedes case todos. Os máis pequenos poden saltar a pés xuntos.

No enlace están es regras:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367237289/contido/XOGOS-POPULARES/a-mariola.html

Pincha na imaxe para ver vídeo.

 

 

XOGO 2: TIRO Á RAIA

Xogo moi sinxelo. Debuxamos unha raia no chan e lanzamos unha pedra/ficha/moeda dende unha distancia. Temos que quedar encima da raia ou

o máis preto posible. Tamán se pode facer con canicas.

Pincha na imaxe: no vídeo xogan con canicas.

 

 

XOGO 3: TIRO Á PAREDE

O xogo é similar ao anterior (Tiro a raia) pero hai que tirar cara unha parede. Temos que intentar que a ficha/pedra/moeda/canica quede

o máis cerca posible da parede.

Pincha na imaxe.

 

XOGO 4: O TRES EN RAIA

EstE xogo tamán é moi coñecido. Trátase de tentar facer unha liña de tres e que o teu rival non a faga antes.

Pincha na imaxe.

 

 

ESPERO QUE VOS GUSTEN! RECORDADE QUE SE QUEREDES FACER OUTROS XOGOS SO TEDES QUE MANDAR FOTO E DICIR O XOGO DO QUE SE TRATA.

SE O EXPLICADES PODEMOS COMPARTILO PARA OS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

APERTAS FORTES!!

Educación Física: Traballo do 5 de maio ata o 8 de maio

Ola!!

Como vai todo? Espero que ben!

Dèixovos o traballo de Educación Física para esta semana. Espero que vos guste!

ACTIVIDADE 1: COPIAMOS OS MOVEMENTOS

Esta actividade é para facer en parellas, un fai o movemento e outro ten que copialo. Traballamos equilibrio, coordinación, memorización de movementos...e sobre todo

pasamos un rato divertido.

Preme na imaxe

 

 

ACTIVIDADE 2: OS VASOS E AS PINTURAS

Nesta actividade precisades 12 vasos e tres pinturas de cores. Tedes que intentar pasar utilizando os pés, as pinturas duns vasos para os outros.

Tedes un exemplo na imaxe.

 

 

ACTIVIDADE 3: SOPRAMOS BOLAS DE PAPEL

Para esta actividade necesitades 4 vasos cheos de auga e unha pelota de papel. Tedes que intentar pasar a pelota de papel dende o

primeiro vaso ata o último soplando. Poño enlace:

 

A xogar!!!

Traballo de Educación Física. Semana do 27 de abril ao 3 de maio

Ola!!

Espero que todos e todas estedes moi ben. Esta semana é un pouco máis curta, así que só vos vou deixar tres actividades.

Espero que vos gusten e que pasedes un rato agradable nas vosas casas.

Apertas.

Actividade 1: Encesta o rollo.

Para esta actividade necesitades 4 rollos de papel hixíénico e un recipiente onde collan os catro rollos. Tedes que intentar meter os 4 rollos no recipiente da forma que se indica.

Preme na foto.

 

Actividade 2: A froita en equilibrio

Para esta actividade precisades unha regla e dous cordeis para atar nos extremos. Tal e como indica a foto.

Con este utensilio imos facer un reto para que coman un pouco de froita. Hai dous niveis de dificultade, douvos liberdade para facer o que pensedes que vos vai sair mellor. Bueno, si vos atrevedes cos dous tamén podedes. Nós utilizamos unha mazá.

O primeivo video é a opción fácil, o segundo a difícil.

Sorte!

Preme na imaxe

Preme na imaxe

 

Actividade 3: Posturas de equilibrio

Esta é unha actividade de equilibrio estáticio. Tedes que mandar 4 fotos facendo diferentes posturas de equilibrio.

As condicións son as seguintes:

1 foto apoiando 4 partes do corpo

1 foto apoiando 3 partes do corpo

1 foto apoiando 2 partes do corpo

1 foto apoiando 1 parte do corpo

Quén fai a postura máis orixinal?

Esta é a do Roque con tres partes do corpo: dous pés e unha man.

 

A XOGAR!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut