Skip to Content

Educación Física

Actividades Educación Física :Traballo do 20 ao 24 de Abril

Ola!!!

En primeiro lugar dicirvos que o estades a fecer xenial e que sondes uns compeóns e campeonas, e espero que vos atopedes todos e todas moi ben.

Sei que estades un pouco aburridos e que xa non sabededs moi ben a que queredes xogar, por iso cada semana vou propor actividades e retos para que poidades facer na casa e pasar un rato entretido coas vosas familias.

A dinámica vai ser a seguinte: en poño as actividades no blog do colexio (esta páxina), vos facedes as actividades nas vosas casas e mandádesme fotos ou videos  e con esa información fago unha pequena presentación e volvoa a poñer no blog.

Onde mandades a información (escollede a que vos pareza máis doada):

- Correo electrónico: Tics.craamencer@gmail.com

- A través da Ampa: mandades por whatsapp a foto/video a algén da Ampa para que lla remita a directora.

A ver que tal nos sae a cousa!!

Apertas

Actividade 1: Raqueta-prato

Necesitades pratos de plástico e cartón. Cortades o cartón e decorades. Pegades o cartón e xa tedes unhas raquetas para xogar...cun globo (consello: non inchedes moito o globo).

 

 

 Actividade 2: O reto da fiambreira

Para esta actividade necesitades fiambreras (varios tamaños para que entre unha dentro da outra) e folios.

Se pinchades na imaxe podedes ver unha demostración. Moita sorte!!!

 

 Actividade 4: O equilibrio do papel

Agora so necesitades un papel/folio. Facedes unha pelotiña e tedes que levala dende un punto ata outro colocandoa en equilibrio sen que caia. De cantas formas podedes transportala?

Pincha na foto para ver un exemplo (O Roque levouna na cabeza).

 

Actividade 4: Golf-basoira

Esta actividade é moi sinxela. So necesitades unha basoira, un recolledor e unha pelota pequena (tenis ou similar). Tedes que intentar golpear coa escoba a pelota e que entre no recolledor. Quen a mete dende máis lonxe?

Pincha na foto.

 

 Espero que vos gusten. A xogar!!!

 

Campo a través

O sábado día 1 de febreiro celebrouse en Ourense o campionato provincial de campo a través. Esta proba contou coa participación dun alumno do Cra Amencer. Parabéns a todos e todas os/as participantes!

CAMPO A TRAVÉS

O martes 21 de xaneiro participamos no campionato comarcal de campo a través no parque da Veronza. Disfrutamos dunha xornada de convivencia con outros colexios, fixemos exercicio e pasamos unha mañá moi divertida. Parabéns a todos os/as participantes.
 

XOGOS POPULARES

Repasando algún xogo popular como A mariola ou o 7 e medio. A xogar!

 

ANDAINA

O martes 14 de maio realizamos unha andaina pola ribeira do río Avia. Acabamos na casa da cultura disfrutando dun concerto...Que calor!

MULTIXOGO

O mércores 8 de maio participamos nunha xornada de convivencia e xogo no pavillón municipal. Practicamos saltos, carreiras, lanzamentos, balón pé, brilé...Pasámolo xenial!
 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Aquí vos quedan as fotos do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 9 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ao Concello de Pereiro de Aguiar, no que participou Naiara, da escola de Francelos.

Campo a través

O 15 de xaneiro participamos na final comarcal do campo a través dentro da modalidade do Xogade. Dúas alumnas acadaron a clasificación para a final provincial que se desenvolverá o próximo 2 de febreiro en Monterrey. Deporte e convivencia sempre é unha boa combinación. Así de ben o pasaron...
 

XOGANDO CO ATLETISMO

Unha nova cita deportiva, desta volta ó xoves 26 de abril, no Pavillón de Ribadavia.

Achegámonos a disfrutar das diferentes probas do atletismo, na que o principal obxectivo foi divertirse e probar as múltiples disciplinas como  son: salto lonxitude, lanzamento de peso, xabalina, salto de altura e diferentes carreiras de velocidade e relevos.

Aquí vai o vídeo da actividade...

PROVINCIAL, CAMPO A TRAVÉS -3 febreiro 2018-

Aquí vos quedan as fotos do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 3 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ao Concello de Pereiro de Aguiar, no que participou Selena, da escola de San Cristovo.

Alí atopáronse con antigos alumnos (Daniel, Rocio,...) do CRA e tamén con Juan, profesor de Educación Física que estivo no cole o curso pasado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut