Skip to Content

Recomendámosche

DÍA DA PAZ 2016

Actividades a realizar para o Día da Paz:

  • Mensaxes de paz en galego escritas nunha pomba
  • Videoconferencia coa cantiga Rock da Paz
  • Conto "A pomba Dona Paz"

Estes son algúns dos debuxos que fixeron os nen@s despois de traballar o conto.

V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Aquí están todas as postais presentadas para o concurso deste ano

XOSÉ NEIRA VILAS

Dende a nosa Biblioteca Escolar queremos rendir unha homenaxe a D. Xosé Neira Vilas. Na revista do cole fixemos unha recopilación de actividades.

Pincha na imaxe para acceder

NEIRA VILAS

Ademais tamén traballamos o seu libro Memorias dun neno labrego. Pincha na imaxe

memorias dun neno labrego

 

 

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso escolar escollemos estes dous libros para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero: Rosa Caramelo e Avós, ambos da editorial Kalandraka.

rosa caramelo

 

avos

 

 

Estes son algúns dos traballos realizados nas escolas:

escola de san paio

escola de francelos

escola de san cristovo

escola de san cristovo

20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

Para celebrar este ano o Día Internacional dos dereitos do neno, os alumnos da escola de San Paio fixeron este video para compartir con todos vós.

 

escola de san paio

escola de francelos

 

 

 

 

 

SAMAÍN 2015

Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN.

LETRAS GALEGAS 2015

Pincha na foto para ver as actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas

 

Tamén fixemos a convivencia co CEIP de Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.

 A continuación podedes ver algúns videos das diferentes actividades realizadas:

"Canción benvida"

 

 "Cantares Gallegos"

 

CONTOS QUE DEIXAN PEGADA

O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.

Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito.

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia.

Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote.

No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.

 

PROXECTO "OS ASTRONAUTAS"

Neste terceiro trimestre imos viaxar ao espazo, xa que en astronautas nos imos converter no CRA AMENCER.

Esta actividade para a pizarra dixital foi elaborada a partir do material Canto sabemos! OS ASTRONAUTAS, do Proxecto Os camiños do saber da Editorial Santillana Obradoiro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut