Skip to Content

Recomendámosche

11-15 MARZO: SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana fixemos diferentes actividades

Como este ano estamos traballando nun proxecto sobre "Os montes", na escola de Francelos, o alumnado de infantil elixiu un animal do monte, neste caso o coello e representáronno empregando recortes do xornal.

E o alumnado de primaria aprendeu as distintas partes que ten unha noticia: titular, subtítulo, corpo da noticia, fotografía, pé de foto, etc. Buscaron noticias, recortaron, pegaron e escribiron cada parte.

Na escola de San Cristovo fixeron as súas propias noticias

Na escola de San Paio, durante esta semana leron o xornal, crearon un recuncho para o xornal e elaboraron a partir de material de refugallo uns micrófonos de xornalistas.

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A profe Raquel aproveitou esta data para achegar aos máis pequenos a figura de Frida Kahlo.

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2019, os equipos de Biblioteca e Dinamización da lingua galega, sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema DO XIX AO XXI: LIBRE O MEU PENSAMENTO!

Adaptamos a proposta da AELG ao noso alumnado e este foi o resultado

Escola de San Cristovo

Escola de San Paio

Escola de Francelos

Ademáis o alumnado da escola de San Paio fixo unha recitación

Video Promocional do C.R.A. Amencer

Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER

Radio Xoaniña Rosalía 2019 emisión dende Francelos

Aqui estamos de novo emitindo dende a nosa Radio Rosalía Xoaniña, este ano comenzamos dende a escola de Francelos e temos un programa ben bonitiño... Agardamos que vos guste!!!

 

POSTAIS NADAL 2018

No seguinte vídeo podedes ver todas as postais de Nadal que fixeron @s nos@s alumn@s. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación.

GUÍA NADAL 2018

Aqui tendes as nosas recomendacións lectoras para pedir neste Nadal.

Esta guía foi elaborada en colaboración co CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta é a nosa pequena aportación para conmemorar o 25 DE NOVEMBRO

Terceira emisión da Radio Xoaniña Rosalía

Aqui vos traemos a 3ª emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía. Desta vez feita polos nenos da escola de San Paio, un programa moi divertido. Agardamos que vos guste!!

 

                          

 

Segunda emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía

Aquí tedes a segunda emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía. Desta volta os nenos da escola de San Cristovo téñennos preparado un programa moi curriño! Esperamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut