Skip to Content

contador gratis para blog

O COLE DE CEA

CERIMONIA DE GRADUACIÓN E REMATE DO CURSO 2023-2024

Unha moi brillante cerimonia de graduación para o alumnado que rematou etapa (Infantil, Primaria e ESO) no noso centro puxo o broche de ouro a outro ano escolar no CPI “Virxe da Saleta”. 

 

 

 Agora toca descansar e recuperar forzas para o seguinte curso, pero, de momento, tal e como dicimos neste vídeo-resumo, o que vos desexamos é que alcancedes os vosos soños… comezando por un bo verán!

 

 

Modelo de autodeclaración COMEDOR curso 2024- 2025

No documento adxunto está o Anexo II de comedores correspondente ao modelo de autodeclaración para o curso 2024-2025. Recorden comprobar a renda do 2023 para cubrilo.

LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024- 2025

Nos documentos adxuntos están os libros de texto que se usarán no curso 2024- 2025.

Coma sempre, recomendamos que as familias estean pendentes das comunicacións que o centro ou os/as docentes envíen con instrucións concretas e aclaracións sobre este particular, xa que hai algúns libros que non hai que mercar.

COLABORADORES DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Xa saiu publicada a Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025.

Podedes vir ao centro a cumplimentar ou entregar o ANEXO III que se adxunta a continuación. 

Engádese o anuncio de apertura de admisión (Anexo IV).

 

MENÚ DE XUÑO

INTRUCIÓNS PARA CUBRIR O FONDOLIBROS

EXPLICACIÓN DETALLADA PARA CUBRIR A PARTICIPACIÓN NAS AXUDAS DE FONDOLIBROS

 

FONDOLIBROS 24-25. AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Os arquivos adxuntos teñen a información e o modelo a cumplimentar para a petición de libros e material escolar para o vindeiro curso. 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO PARA TODOS OS CURSOS, TANTO PRIMARIA COMO SECUNDARIA.

 

Chega o VIII SERÁN DO COLE DE CEA!!!

O día 16 de maio, a partir das 17h, o Cole de Cea abre as súas portas para celebrar, como xa é tradición, o SERÁN DO COLE DE CEA.

Hoxe facemos público o cartaz, no que o protagonista é o noso fabuloso MAIO DO COLE DE CEA, ao cal, como non podía ser doutro xeito, tamén lle cantaremos unhas copliñas cheas de retranca e bo humor e elaboradas polo alumnado.Estades convidadas/os a participar o día 16 connosco nas actividades que estamos a preparar: actuacións de grupos de música tradicional, torneo de xadrez, postos de artesanía, xogos populares, furanchiño...

VIVA O SERÁN DO COLE DE CEA!!!
 

Menú de Maio

Distribuir contido


by Dr. Radut