Skip to Content

contador gratis para blog

Xeografías Lectoras

 

Viaxa con nós a través dos libros coas Xeografías Lectoras da Biblioteca Ramón Caride.

Navega pola lista de reprodución para poder ver todos os vídeos.

 

Información Matrícula Curso 2021/2022 - Solicitude de admisión

O vindeiro 1 de marzo inicia o prazo para presentación de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022. A continuación detállase a información sobre o procedemento.

1. PRAZO DE PRESENTACIÓN 

 O prazo de solicitude de admisión vai do 1 ao 22 de marzo.

2. DESTINATARIOS

- Só debe solicitar admisión o novo alumnado de Infantil, Primaria e ESO. Os alumnos que xa están matriculados neste Centro teñen, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2021/2022.

-Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

- O alumnado que ten reservada praza neste centro, no caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

3. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR

-   Anexo II (solicitude de admisión), debidamente asinado e cumprimentado. Pódese descargar aquí: Anexo II

- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (DNI do alumno, ou libro de familia)

- Certificado oficial do expediente académico, no caso de alumnado de Primaria ou ESO procedente doutro centro. 

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

4. MODALIDADES DE PRESENTACIÓN.

A solicitude de admisión e documentación adxunta poderanse presentar.

1. A través da aplicación informática “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Ou a través da Sede Electrónica da Xunta con "certificado dixital" ou "Chave365".

2. Por correo electrónico, scaneado unha vez cuberto e debidamente asinado, a cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.gal.

3. Na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 13:00 previa CITA. Dada a actual situación, deberán  chamar ao centro 988783030, para poder ser atendidos.

-Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.

 

Máis información sobre o procedemento e prazos para matrícula 2021-2022 no seguinte documento. Matrícula 2021-2022.

 

INFORMACIÓN SOBRE A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE E. PRIMARIA E ESO.

A  Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Serán beneficiarios de esta axuda os  alumnos e alumnas que cumpran algunha das seguintes condicións.

 - Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Referente a declaración da renda do 2018)

- Estar matriculado en educación especial

- Estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

- Ter un grado de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

Ten dereito a esta axuda o alumnado matriculado en educación primaria ou educación secundaria, que fose beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.  Neste caso, non é preciso presentar ningunha solicitude.

Por outra banda, aquelas familias que foron excluídas desta axuda por motivos de renda, quedan automaticamente excluídas da axuda, pois os criterios son os mesmos.  

No caso de que algunha familia non teña presentado axuda de material  para o curso 2020-2021,  ou fose excluída da axuda por un motivo diferente á renda, e cumpra algunha das condicións indicadas, poderá presentar a solicitude no centro educativo, previa cita, entre o 16 e o 27 de novembro. Solicite cita chamando ao 988282169.

Novembro de concursos

Novembro é mes de concursos no Cole de Cea.
A Biblioteca Ramón Caride e o EDL do centro, en colaboración coa Radio Roxar convocan concursos de:  
- Contos
- Banda Deseñada
- Debuxo

Aquí tes as bases:

CONCURSO DE DEBUXO E BANDA DESEÑADA DE SAMAÍN 2020
● Categorías:
○ Infantil. Mellor Debuxo
○ Primaria e Secundaria. Mellor Banda Deseñada
● Pódese participar individualmente ou en grupos de até tres persoas. IMPORTANTE:
Para respectar o protocolo anti-COVID, a participación en grupo e colectiva
será sempre VIRTUAL, isto é, só por medios telemáticos (vídeoconferencia,
whatsapp, e-mail…).
● O prazo está aberto até o 30 de novembro.
● A Banda Deseñada debe ter un tema relacionado co SAMAÍN, o misterio, o medo,
ou temas semellantes.
● O formato da banda deseñada será o seguinte:
○ Extensión: de 1 a 4 páxinas, tamaño A4 ou proporcional.
○ Técnica: libre, sobre papel de debuxo (non folios), tendo en conta que debe
permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión.
● Os traballos irán acompañados dos datos dos autores e o título da obra.
● Os traballos serán entregados ao titor/a ou a membros do E.D.L.
● Os traballos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores.
● Non se admitirán obras que non sexan orixinais.
● As BDs que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no
lugar e data por determinar.

CONCURSO DE CONTOS DE SAMAÍN e CONTO CONTIGO ESPECIAL SAMAÍN 2020

O equipo da biblioteca RAMÓN CARIDE e o EDL do Cole de Cea organizan, como xa é tradicional, o CONTO CONTIGO ESPECIAL SAMAÍN.
Nesta edición de 2020, adaptamos o sistema de participación para respectar o protocolo anti-COVID. Deste xeito, convocamos o CONCURSO DE CONTOS DE SAMAÍN e adaptaremos as obras gañadoras para as converter en guións radiofónicos que posteriormente serán emitidos pola nosa radio escolar RADIO ROXAR dentro do proxecto CONTO CONTIGO.

BASES:
Pode participar todo o alumnado de Primaria e E.S.O.
O prazo de participación está aberto até o 16 de novembro.
A participación no concurso será INDIVIDUAL, EN GRUPO (máximo 3 compoñentes) ou COLECTIVA (unha obra por aula). IMPORTANTE: Para respectar o protocolo anti-COVID, a participación en grupo e colectiva será sempre VIRTUAL, isto é, só por medios telemáticos (vídeoconferencia, whatsapp, e-mail…).
Os traballos deberán ter un tema relacionado co SAMAÍN, o misterio, o medo, ou temas semellantes.Os traballos irán acompañados dos datos dos autores e o título da obra.
Os traballos serán enviados por correo electrónico a ticscea@gmail.com ou entregados ao titor/a ou a membros do E.D.L.
Non se admitirán obras que non sexan orixinais.
As obras que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no lugar e data por determinar.
As obras gañadoras serán adaptadas para as converter en guións radiofónicos que posteriormente serán emitidos pola nosa radio escolar RADIO ROXAR dentro do proxecto CONTO CONTIGO.

Comunicado a toda a comunidade educativa en relación á situación derivada da COVID 19 no noso centro

Comunicado a toda a comunidade educativa en relación á situación derivada da COVID 19 no noso centro:

Despois dos casos detectados a semana pasada no centro educativo queremos comunicar que aquelas persoas que deron positivo en PCR atópanse ben de saúde.

Asimesmo, todas as PCR practicadas aos demais membros da comunidade educativa que foron cualificados como contactos estreitos polas autoridades sanitarias deron negativo.

Queremos agradecer o compromiso e a comprensión amosada por alumnado, profesorado, pais, nais e demais membros da nosa comunidade educativa durante esta semana.

Debemos seguir cumprindo o protocolo coa mesma responsabilidade amosada ata o de agora e agardamos poder voltar á plena normalidade na semana que ven.

Información á comunidade educativa sobre positivos COVID no noso centro.

Recentemente vimos de coñecer a existencia de 4 casos de positivos COVID no noso centro.

Non podemos confirmar que se traten de casos de contaxio dentro do centro educativo, pero pese a iso estase a actuar seguindo o protocolo establecido polas autoridades sanitarias e educativas ao principio de curso.

Asimesmo, e seguindo a instrucións recibidas por ditas autoridades, estase illando a aqueles membros da comunidade educativa, alumnado e profesorado, que puideron ter contacto con algunha das persoas contaxiadas.

Pregamos que continuemos a extremar as medidas de coidado e precaución como as viñamos cumprindo ata o momento e facemos un chamamento á prudencia e á normalidade para garantir o bo funcionamento do centro.

Ante calquera dúbida podedes escribir a equipocovidcea@gmail.com ou chamar ao teléfono do centro.

INFORMACIÓN ABONO DE COTAS DE USUARIOS DE COMEDOR

Para os usuarios que teñen que pagar o comedor poden descargar o impreso que se achega no que marcarán os días que non fan uso deste servizo. Este impreso deben entregalo no centro nos 5 primeiros días do mes, senón serán descontados no mes seguinte. O alumnado levará este impreso persoanalizado co seu nome, pero en caso de perda do mesmo, poden descargar este da páxina web do centro.

Material Inicio de Curso Infantil

Prezadas familias de Infantil. Poñemos á vosa disposición a listaxe de material de aula para o curso 2020-2021.
Pregamos que o traian o primeiro día de cole. Empregamos este sistema para nos comunicar con vós xa que a aplicación ABALAR aínda non está dispoñible.

 

 

DATAS E HORAS DEFINITIVAS REUNIÓNS INICIAIS DE CURSO

INFORMACIÓN IMPORTANTE

DATAS E HORAS DEFINITIVAS DAS REUNIÓNS INICIAIS DE CURSO.

Por un problema de actualización dos grupos na plantaforma ABALAR, achegamos de novo as datas e horas definitivas:

Reunión  Titoría 4º e 5º de Infantil - Luns día 7, ás 17:00h.

Reunión  Titoría 6º de Infantil - Luns día 7, ás 18:00h.

 

Reunión Titoria 1º primaria – Martes día 8, ás 17:00h.

Reunión Titoria 2º primaria – Martes día 8, ás 18:00h

Reunión Titoria 5º primaria – Martes día 8, ás 19:00h. (Modificada pola convocatoria de folga para o día 10)

 

Reunión Titoria 3º primaria – Mércores día 9, ás 17:00h.

Reunión Titoria 4º primaria – Mércores día 9, ás 18:00h.

Reunión Titoria 6º primaria – Mércores día 9, ás 19:00h.(Modificada pola convocatoria de folga para o día 10)

 

Reunión Titoria 1º ESO – Luns 14 de setembro, as 17:00h

Reunión Titoria 2º ESO – Luns 14 de setembro, as 18:00h

 

Reunión Titoria 3º ESO – Martes 15 de  setembro, as 17:00h

Reunión Titoria 4º ESO – Martes 15 de  setembro, as 18:00h

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 CPI VIRXE DA SALETA. NOVA VERSIÓN ABRIL 2021

Compartimos con toda a comunicade educativa a nova versión do PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID do centro, na que están contempladas certas modificacións, relativas ao uso de aulas unha vez finalizadas as obras, e favorecendo as actividades no exterior. (As modificacións poden identificarse en cor VERMELLO)

PLAN DE ADAPTACIÓN

 

Podes ver a versión resumida do Plan como presentación en https://i.gal/plan

Ou como vídeo en https://youtu.be/775xSisoHlo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut