Ola familias, como vai todo?
Pasámonos para informarvos dunha nova actividade que se organiza dende a biblioteca do centro.
RETRATO CON LIBRO
Trátase de facer unha foto na que aparezamos retratados/as cun libro, conto, revista, disco... podedes empregar a portada ou o interior do conto, libro...o que escollerades.
A foto ten que establecer unha relación coa imaxe do libro e a persoa retratada. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos algúns exemplos; coñecedes a alguén?
http://obiblioblog.blogspot.com/2020/04/dia-do-libro-autorretrtos-con-libro.html
Así seguro que saen moitas máis ideas.
Está dirixido a toda a comunidade educativa, polo que poden participar os nenos e nenas, as familias, o persoal docente e non docente... Animádevos!!
Cando teñades a foto podedes enviala á titora nas canles que tedes establecidas para contactar con elas.
Estamos desexando ver eses retratos, a data límite é o 17 de maio.
Logo, poderedes velas no blogue da biblioteca ou na páxina do centro.
Moitas gracias por colaborar.
Imos todos a retratarnos!
Deica pronto