Skip to Content

Educación Infantil

Visita Teatro Migallas.

O luns 15 tivemos a visita do teatro Migallas no que versionaron diferentes contos, con retahílas, cancións, interpretacións... Pasámolo moi ben!

Ata a próxima.

 

AMBIENTES DE MARZO

 

 

Benvidas de novo, familias!

Este mes de marzo, no ambiente simbólico e constructivo, descubrimos que unha nova estación dera comezo cos minumundos. Tamén disfrutamos co xogo constructivo ao aire libre grazas ás pezas de madeira con diferentes formas xeométricas; dispuxemos dun espazo con terra e diferentes utensilios para a súa manipulación (palas, anciños, cubos…); disfrazámonos, xogamos coas ferramentas e, por último, creamos un espazo para os dinosaurios coa axuda de rodaxas de madeira, pedras, paus…

 

No ambiente de luces e sombras démoslle a benvida á primavera a través da luz negra e o debuxo de flores fluorescentes. Tamén debuxamos coas sombras de flores e animais desta estación grazas ao xogo con linternas, pintamos con acuarelas paisaxes típicas deste momento do ano na mesa de luz, descubrimos insectos e deixamos voar a nosa imaxinación cunha provocación na pantalla a través de imaxes florais.

 

No ambiente de lecto, ciencias e matemáticas realizamos diversas actividades para fomentar estes aspectos, centrándonos nesta última, levamos a cabo: conteo con policubos, pompóns e paos de madeira, descomposición dos números, 1, 2 e 3 seguindo o ABN, relacionar a cantidade co seu número empregando pinzas e facer a grafía do número empregando depresores, entre outras. Non esquecernos da seriación a través de auga con pipetas. En canto a lectoescritura, as actividades propostas foron: facer o seu propio abecedario creando unha tipografía propia con multitude de materiais e técnicas. Por outra banda, crearon dous dicionarios de palabras, un de árbores e outro de insectos; representando o obxecto e escribindo o seu nome. Por último, buscaron unha letra con pinzas e representárona con pincel e auga nun taboleiro escuro. Finalmente, en canto a experimentación, fixeron trasvase de bolas de hidroxel clasificando por cores e separaron cores con xabón e leite.

 

No ambiente artístico e sensorial contamos con distintas propostas nas que traballar as habilidades artísticas empregando diferentes técticas. Realizamos debuxos con auga e polvo de tiza machacado en morteiros, creamos obras de arte coas cores desteñidas do papel crespón, xogamos con unha plasti moi particular creada con fariña, auga, sal e papel crepón e contamos con un xogo de pezas soltas co que deixamos voar a imaxinación. Na mesa sensorial, dipuxemos de distintos alimentos como lentellas, garabanzos, macarróns… para traballar as texturas, as cantidades, a motricidade… Non tivemos tempo para aburrirnos!

Aquí podedes ver o vídeo deste mes

 

 

Ata a próxima!

 

 

Visita ao Acuario!

 

 

 

Boa tarde familias!

Onte visitamos o Acuario da Coruña e puidemos descubrir moitos animais mariños.

Encantounos conocer aos cabrachos, sardiñas, polbos, estrelas de mar, peixes gato e un sinfín de animais!

Pero o que máis nos gustou foi visitar ás focas e ao tiburón Gastón!!

Aquí podedes ver un vídeo da nosa visita, xa estamos desexando volver :)

 

 

 

Ata a próxima!

 

 

4º de EI. Proxecto sobre a historia familiar a través da fotografía documental.

Bo día familias. Neste trimestre estivemos a traballar a historia familiar e o paso do tempo a través da fotografía documental dos nosos alumnos/as.

Bim e Bam presentan o proxecto

Primeiro, fixeron unha árbore xeneralóxica sobre a súa familia, explicando os seus membros, a súa relación e falamos dos diferentes tipos de familias. Para fomentar a narrativa visual, creamos monicreques con fotografías dos seus familiares e elaboraron unha historia nun teatro de sombras.

Logo con imaxes antigas sobre o seu seo familiar, as familias relataban quen eran os seus antepasados. Despois, eles mesmos comunicaban isto aos seus compañeiros e a toda a comunidade educativa dende Radio Xesteira (tedes o blog da mesma na marxe dereita).

Tamén, engadimos a creación dunha historia modular, realizada con imaxes das súas casas e casas abandonadas da zona, enriquecendo o patrimonio cultural da zona. Con todo este traballo mesturando a creatividade, a fotografía e o patrimonio familiar e cultural da zona damos por finalizado este proxecto. Para o vindeiro trimestre investigaremos sobre...os oficios!

Para todo isto contamos coa axuda na nosa súper mestra de prácticas Sara que é unha artista!

 

Nós en radio Xesteira 2

Nós en radio Xesteira 2

 A continuación, adxuntamos a ligazón para que poidades escoitalos de forma detallada, son uns faladores/as!

Agardamos que vos guste!

 

AMBIENTES FEBREIRO

 

 

No ambiente artístico e sensorial traballamos a estación do inverno a través da manipulación e creatividade. Puidemos crear as nosas propias obras de arte con cores frías propias desta estación, coas pezas soltas de madeira e manipulamos neve artificial na Tuff Tray. Por último, gozamos facendo trasvases con agua de cor azul na mesa sensorial.

 

No ambiente simbólico e construtivo estivemos desenvolvendo ao máximo a nosa imaxinación con distintas propostas e materiais. No corredor contamos con tuberías de distinto tipo, bridas, cinta aislante, tesoiras… Con xogos de pezas de madeira cos cales facer diferentes construcións, disfraces, e dous minimundos de inverno. Dentro da aula puidemos xogar coa cocinita, o super, os bebés… E con un novo xogo de carpintería que nos encantou.

 

No ambiente de luces e sombras experimentamos nas mesas de luz con diversidade de materiais translúcidos, coma telas, vasos, pedras, cubos de xeo…sen esquecernos da motricidade fina e a clasificación con elementos do inverno como as folerpas. Logo, desenvolvemos o xogo simbólico con laberintos de cartón, tubos, pezas translúcidas, e tamén crearon minimundos cun teatro de sombras, onde repasaban as siluetas formadas cos materiais non estruturados. No recuncho de luz negra, crearon composicións abstractas con tiras translúcidas, cores, bolígrafos de tinta invisible e cintas. Por último de forma transversal tratamos o círculo cromático mesturando cores con paletas e papel charol.

 

En derradeiro lugar, no ambiente de lecto, mates e ciencia tivemos a oportunidade de experimentar na mesa sensorial con algodón, ao que coa axuda de diferentes instrumentos demos cor, así como tamén o fixemos co bicarbonato e o vinagre. Contamos coa pizarra e o soporte de area para poder realizar trazos co fin de desenvolver a nosa motricidade fina; ao sumo, construimos palabras do mesmo modo que faríamos pulseras e mesmo recortando os xornais para logo, construir as nosas propias novas ou crear palabras coas letras que alí se agochaban. A diana e o dado foron os materiais que máis nos gustaron para traballar a lóxico matemática; e por último, na mesa de luz traballamos todos estes conceptos con diferentes materiais (imáns, pinzas, pedras de cores, vasos con números…).

 

                                                                                  

 

 

Agardamos que vos guste, familias!

 

NADAL 2023

 

Benvidos/as de novo!

Durante o mes de Decembro paralizamos o traballo por ambientes para dedicarnos ao nadal, gozamos moitísimo!!

Ensaiamos o baile para o festival, contamos cun duende que facía trasnadas todos os días, decoramos as aulas e os corredores e gozamos coa música navideña e as festas!!

 

Este mércores celebramos unhas badaladas con “Gusanitos” para estar preparados/as para o fin de ano e desfrutamos dunha festa e unha merendola deliciosa.

Aquí tedes o vídeo do ben que o pasamos

 

 

O xoves celebramos o festival do cole, ao que tanto esforzo adicamos e que tanto gozamos. Este ano a temática eran as películas navideñas e nós escollimos “Pesadelo antes de nadal”. Disfrazámonos de Jack Skeleton, Sally, Papá Noel, o alcalde, os renos, os nenos en pixama, os bonecos de neve e os duendes.

Eran uns personaxes moi especiais :)

Esperamos que vos gustase a actuación, bailamos xenial!

Ao rematar, démoslle as cartas aos Reis magos.

Despois no comedor tivemos a visita de Papá Noel, que nos regalou unhas chuches deliciosas!

 

 

Agora toca despedir este trimestre tan intenso cun merecido descanso para pasar tempo en familia coa ilusión destas datas.

Desexámosvos felices festas e bo nadal!!

 

AMBIENTES NOVEMBRO

 Ambientes Novembro

 

No ambiente de mates, lecto e ciencias ao longo de este mes contamos con propostas moi variadas. Na mesa de experimentación descubrimos que acontece se mezclamos vinagre con bicarbonato, en este espazo tamén contamos con un microscopio dixital no que observar e analizar distintos materiais e elementos. En canto as propostas de lecto-escritura, xogamos coa ruleta para logo escribir palabras na pizarra dixital, buscamos palabras e imaxes escondidas na mesa de luz, traballamos con xogos de discriminación auditiva… En canto á lóxica-matemática, dipuxemos de distintos xogos que nos axudaron a traballar a cuantificación, a discriminación de formas xeométricas e cores…Non tivemos tempo a aburrisnos nadiña!

 

No ambiente de luces e sombras experimentamos coas múltiples posibilidades da luz. Coa axuda do retropoxector puidemos crear historias e plasmalas no papel; tamén contamos cun espazo no que, coa luz negra e uns rotuladores de tinta segreda, debuxamos diferentes siluetas. Por outra banda, o reflexo da luz na parede permitíunos crear edificios e torres con cartón; ao sumo, nos tipis empregamos as lanternas para descubrir as palabras e obxectos que se agochaban nos tarros e, como non, tamén argallamos na mesa de luz con diferentes utensilios (pinceis, rolos, bastoncillos…).

 

No ambiente de xogo simbólico e construcións estivemos xogando coa cocinita, o tendal, os bonecos, os animais e disfrazándonos.Tamén poidemos desenvolver a nosa imaxinación coas construcións de madeira e os minimundos otoñais cos dinosaurios que tanto nos gustan e os animais da selva e sabana.

 

E por último, no ambiente sensorial e artístico estivemos a estimular a nosa creatividade con varias actividades como: unha mesa sensorial con elementos do outono: o millo, carozos, piñas… onde aparte de mesturar elementos e transvasalos, aprendemos a debullar. Por outra banda, pintamos libremente con materiais como os cepillos de dentes, garfos e rodillos, empregando as cores do círculo cromático propio desta tempada. Ademais disto, fomos escultores/as facendo figuras con arame e arxila, desenvolvendo a nosa imaxinación, a motricidade fina e atención. Por último, seguimos patróns con materiais desta estación no recanto de pezas soltas.
 

Ambientes outubro

 

 

Benvidos/as un curso máis ao blog de infantil!

Desde que comezou o curso demos a benvida a novos compañeiros e compañeiras de 3 anos e aprendimos a relacionarnos todos xuntos!as :)

Estamos completamente adaptados ás novas rutinas!!

 

En Outubro comezamos o traballo por ambientes, que tanto nos gusta

No ambiente de mates, lecto e ciencias este mes traballamos de xeito manipulativo a chegada do outono.

Na badexa sensorial xogamos a facer trasvases con lentellas e pasta de dinosaurio. Na zona científica puidemos observar coas lupas os elementos de outono e da natureza, pesalos, crear libremente e manipular para apreciar todas as súas formas e texturas.

Tamén puidemos crear na zona de lectoescritura os trazos na badexa de area, na mesa de luz ou crear os nomes dos dinosaurios con letras móbiles.

Na zona de lóxica contamos animáis, castañas, creamos figuras co Tangram e construimos cos policubos.

 

No ambiente de luces e sombras demos comezo o curso xogando con numerosos recursos.

Contamos co retroproxector e elementos do outono para plasmar na parede, tamén unha mesa de luz chea de café, landras, cucharas, pinceis, pinzas… coas que realizar diferentes manipulacións.

No espazo da luz negra contamos con materiais e xogos de construción especiais que brillan na escuridade e por último non podían faltar as cabanas que tanto nos gustan con xogos para buscar e adiviñar palabras e elementos do outono coa axuda das lanternas. Sen dúbida non nos aburrimos nadiña!

No ambiente de xogo simbólico e construcións, xa que nos atopamos no outono, estivemos a experimentar con dous minimundos ambientados nesta época, formados con herba, madeira, cogomelos, piñas e variedade de animais. Por outra banda, na zona de construción, creamos moitas edificacións ficticias con material de refugallo, como: tubos, anacos de madeira, pedras, cortizas… e logo empregamos outros recursos como: os policubos, pezas de madeira e plástico…Para rematar, na zona de xogo simbólico, non podía faltar o xogo na cociña, os bonecos, os coches e moitos disfraces, deixando renda solta a nosa imaxinación!

 

E rematando, no ambiente sensorial e artístico organizamos diferentes propostas vinculadas en gran parte coa estación do outono. Contamos cun espazo de pezas soltas (corchos, anacos de madeira, depresores de diferentes tamaños e grosores, chapas, pedras, piñas…) no que probar e experimentar coas diferentes posibilidades destes materiais. Tamén dispoñemos dunha zona na que poder pintar coas cores do outono e follas variadas que poder estampar; así como outro espazo destinado a construir coa axuda de arxila, paus, landras, noces e castañas. Xa fóra da aula empregamos a tuff-tray para experimentar cos sentidos, realizar trasvases, empregar os coladores e, en definitiva, para espertar a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas.

 


 

Ata a próxima, un saúdo!

 

 

Samaín 2023

 

Benvidos e benvidas!

 

Hoxe celebramos o Samaín no cole, pasámolo xenial!

Puidemos vir disfrazados e gozar cunha festa e cunha merendola deliciosas.

Na festa xogamos con arañas, telarañas, insectos, osos, ratos, máscaras, bailes, luz negra e cousas terroríficas!!

 

Despois tivemos a visita dun mago que fixo uns trucos xeniais e pola tarde degustamos unhas ricas castañas no Magosto :)

 

Aquí tedes o vídeo para ver que ben o pasamos

 

 

 

Ata a próxima!

REUNIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias.

 
Xa temos as pilas cargadas para comezar este novo curso escolar, confiamos en que pasarades un bo  verán cos vosos nenos e nenas.
 
Queríamos informarvos que a reunión de Educación Infantil será o xoves 7 de setembro as 11:30h, agardamos que poidades acudir.
 
Un saúdo. 
O equipo de educación infantil.
Distribuir contido


by Dr. Radut