Skip to Content

4º de EI. Proxecto sobre a historia familiar a través da fotografía documental.

Bo día familias. Neste trimestre estivemos a traballar a historia familiar e o paso do tempo a través da fotografía documental dos nosos alumnos/as.

Bim e Bam presentan o proxecto

Primeiro, fixeron unha árbore xeneralóxica sobre a súa familia, explicando os seus membros, a súa relación e falamos dos diferentes tipos de familias. Para fomentar a narrativa visual, creamos monicreques con fotografías dos seus familiares e elaboraron unha historia nun teatro de sombras.

Logo con imaxes antigas sobre o seu seo familiar, as familias relataban quen eran os seus antepasados. Despois, eles mesmos comunicaban isto aos seus compañeiros e a toda a comunidade educativa dende Radio Xesteira (tedes o blog da mesma na marxe dereita).

Tamén, engadimos a creación dunha historia modular, realizada con imaxes das súas casas e casas abandonadas da zona, enriquecendo o patrimonio cultural da zona. Con todo este traballo mesturando a creatividade, a fotografía e o patrimonio familiar e cultural da zona damos por finalizado este proxecto. Para o vindeiro trimestre investigaremos sobre...os oficios!

Para todo isto contamos coa axuda na nosa súper mestra de prácticas Sara que é unha artista!

 

Nós en radio Xesteira 2

Nós en radio Xesteira 2

 A continuación, adxuntamos a ligazón para que poidades escoitalos de forma detallada, son uns faladores/as!

Agardamos que vos guste!

 

AdxuntoTamaño
1ª-PARTE-FAMILIAS-4º-EI.mp33.46 MB
2-PARTE-FAMILIAS-4-EI.mp34.68 MB


story | by Dr. Radut