Skip to Content

Periodo de admisión para o curso 2021/22

 

Ola a todos e todas,

O periodo de admisión para o curso 2021/22 será desde o 1 ata o 20 de Marzo.

 

Este ano, por motivo da pandemia, non podemos celebrar unha xornada de portas abertas e contar coa vosa presencia nin ca presencia dos peques tal e como nos gustaría.

 

Aínda así, non queremos que vos quededes sen coñecer o cole e sen ver un anaco do noso mundo e de como traballamos en Educación Infantil.

 

Aquí tedes un vídeo que resume un pouquiño a nosa metodoloxía e forma de traballar.

Para nós o principal é que os nenos e nenas veñan ao cole contentos e creando un clima de afecto e confianza.

 

 

 

Estamos desexando coñecervos!!!



page | by Dr. Radut