Skip to Content

Día Mundial da Síndrome de Down

Boas, estamos de novo polo noso blogue para ensinarvos o que andivemos facendo.

O 21 de marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down, ao ser fin de semana, na escola celebrámolo hoxe.

Fai uns cantos anos, unha nena británica comezou a poñer calcetíns desparexados como símbolo da riqueza da diversidade, facendo ver o importante que é mostrarnos tal e como somos e gozar da diversidade, ninguén é igual, e iso é o máis bonito! A alguén lle preocupa iso? A nós, nada de nada.☺ Nós tamén nos unimos a esta iniciativa!! Non íamos ser menos, loitamos por ser DIFERENTES E IGUAIS Á VEZ. Polo que hoxe, todos con calcetíns desparexados...

E non estivemos con eles todo o día...ocurriusenos pintar os pés. Menuda, pegadas amarelas e azuis por todo o papel...que sairá diso...

Un par de calcetíns do máis colorido! E que diferentes...non si?

Que vos parece? Ao final pasamos un moi bo rato pintando cos pés, vaia risas coas cóxegas, e ademais sumámonos a unha iniciativa que dende logo loita polo que nos pensamos:

SOMOS TODOS IGUAIS PESE AO DIFERENTES QUE POIDAMOS PARECER.



page | by Dr. Radut