A clase de 3 anos xa demos coa tribu que están traballando os compis de 6º EI.
Non era doada!
Temos que dicir, que tivemos algunha pista a maiores... Temos "topos" na clase de 5 anos jejeje
Gustóunos moito coñecer esta tribu hawaiana, e máis saber a orixe da súa illa. Non puidemos resistirnos a facer o experimento que nos propuxeron: todo o que sexa xogar con líquidos, facer mesturas, remecer, coñecer novos olores...sempre é divertido!
Neste vídeo podedes ver como nos foi co experimento...
Tamén investigamos o HULA, xa que vimos que os hawaianos lles gusta o baile.
Hai un montón de cánticos!
E para rematar, e aproveitando que estamos na semana do Entroido e estivemos confeccionando accesorios, hoxe tocou unha COROA HAWAIANA
Moitas gracias compis por compartir con nós todo o que investigásteis desta tribu.
Deica logo, boas vacacións de Entroido.