Skip to Content

Uso da App AbalarMóbil

GRAZAS AOS BENEFICIOS EN TERMOS DE COMUNICACIÓN E INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN ENTRE O CENTRO, O PROFESORADO E AS FAMILIAS, RECOMÉNDASE A INSTALACIÓN, SE AÍNDA NON A TEÑEN, DA APLICACIÓN MÓBIL DE ABALAR.

AS FAMILIAS QUE DESCARGUEN ABALARMÓBIL VAN A DISPOÑER DAS SEGUINTES FUNCIONALIDADES:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación.
  • Contactar co servizo técnico.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

O MECANISMO DE TRABALLO COA APLICACIÓN É MOI SINXELO. OS PASOS A SEGUIR SON OS SEGUINTES:

1.- DESCARGA DA APP (ben do Google Play no caso de dispositivos Android ou do App Store no caso de Apple).

Nos seguintes vídeos pódese ver como facelo en ambos casos:

2.- REXISTRO NA APLICACIÓN

O único que hai que facer é introducir o número de teléfono no que se está a instalar a aplicación (debe ser o número rexistrado no centro como teléfono do/a responsable do/a alumno/a).

Despois de introducir o número, chegaranos un código que debemos introducir na casilla que se nos mostra (isto só se fai a primeira vez, xusto despois de instalar a aplicación).

3.- E, POR ÚLTIMO, ESTABLECER O CONTRASINAL PARA PODER ACCEDER Á APLICACIÓN CADA VEZ QUE A EMPREGUEMOS.

No seguinte vídeo podemos ver como se realizarían estes pasos:

UNHA VEZ IDENTIFICADOS, ACCEDEREMOS AO ALUMNO/A OU ALUMNOS/AS QUE TEÑAMOS AO NOSO CARGO. DESPOIS DE PICAR ENRIBA DO SEU NOME, HABERÁ UN MENÚ NA ESQUERDA ONDE, DE MANEIRA MOI VISUAL E INTUITIVA, ACCEDEREMOS A DIFERENTES SECCIÓNS PARA REALIZAR DISTINTAS TAREFAS.

 

A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSLLES DOUS NOVOS VÍDEOS EXPLICATIVOS DA INSTALACIÓN E DO FUNCIONAMENTO XERAL DA APLICACIÓN E DOUS DOCUMENTOS, A MODO DE GUÍA OU MANUAL, POR SE NECESITAN CONSULTALO.

Guía mensaxería Abalar Guía Abalar familias

EN CALQUERA CASO, SE PRECISAN AXUDA DE CALQUERA TIPO, PODEN ENVIAR UNHA MENSAXE A jorge@pecalama.org, ONDE TRATAREMOS DE RESOLVER AS POSIBLES INCIDENCIAS QUE POIDERAN XURDIR.

MOITAS GRAZAS

 



page | by Dr. Radut