Para o vindeiro xoves día 9 de marzo de 2017 está convocada unha FOLGA XERAL do ENSINO . O CPI Luís Díaz Moreno , seguindo instruccións da Orde do 1 marzo de 2017 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino convocada para o día 9 de marzo de 2017; garante os SERVIZOS MÍNIMOS para esa xornada.
ENTROIDO 2017
O pasado venres día 24 de febreiro celebramos o festival de Entroido no cole; deseguido poden desfrutar con algunhas imaxes desa xornada tan colorida...
Os poliños máis feitiños!! Os nenos e nenas de tres anos...
Arde Barallus!! Os nenos e nenas de catro anos...
Os tigres do Neira xa están aquí... Os nenos e nenas de cinco anos...
Os nenos e nenas de 1º de E. Primaria recórdannos "Os felices anos 20"...
Personaxes de contos son os nenos e nenas de 2º e 3º de E. Primaria...
Os soldados pacifistas amosan as súas "armas"!! son os nenos e nenas de 4º de E. Primaria...
Os máis molóns da Pirámide xa están aquí!! Son os nenos e nenas de 5º de E. Primaria...
Recordando a Mary Poppins!! cos nenos e nenas de 6º de E. Primaria...
Sufragistas!! unha comparsa de alumnado e profesorado de ESO...
Mickie e Minie e as súas ratiñas atoparon un amigo novo!! alumnado de ESO, Vanessa directora e Belén administrativa...
Xuízo do Entroido realizado por alumnado de ESO en colaboración co departamento de Lingua e Literatura Galega!
Queima do Entroido!!
>Outras imaxes desa xornada...
Podedes desfrutar do video elaborado sobre esta xornada:
Grazas a todos e todas os que fixeron posible esta xornada!!
ADMISIÓN CURSO 2017-2018
O CPI LUÍS DÍAZ MORENO INFORMA:
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS NOVOS ABRANGUERÁ DENDE O DÍA 1 Ó 20 DE MARZO,AMBOS
INCLUSIVE.
VACACIÓNS DE ENTROIDO 2017
A dirección do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla , comunica que o periodo de vacacións de Entroido abrangue dende o día 27 de febreiro ata o día 3 de marzo de 2017, ambos incluídos.
Bo Entroido!!
ENTROIDO 2017
O vindeiro venres 24 de febreiro celebraremos o festival de ENTROIDO no cole; comezará ás 11:00 horas co desfile das diferentes comparsas, a entrega de premios , o xuízo de entroido e finalmente a queima do boneco.
QUEDADES TODOS E TODAS CONVIDADOS!!!!
DÍA DA PAZ 2017
O día 30 de xaneiro de 2017 celebramos no cole o día da PAZ cunha solta de globos e a interpretación da peza "PAZ" de Juanes!
Todo o alumnado das diferentes etapas educativas, acompañado do profesorado do centro e persoal non docente, participou nas actividades organizadas para este día! Nas imaxes que seguen vai unha pequena mostra da xornada...
Podedes ver o video realizado sobre toda a xornada do Día da PAZ:
MANNEQUIN CHALLENGE CPI LUIS DIAZ MORENO
No seguinte video podedes ver o "Mannequin Challenge" que se realizou no noso cole sobre a temática da violencia de xénero e o seu rexeitamento. A idea partiu do alumnado de 3º ESO e foi collendo forma grazas a colaboración de todo o alumnado do centro, o profesorado e persoal non docente.
Sobre todo grazas a Antón López (alumno de 3º ESO) pola súa implicación neste proxecto!!
Video:
FESTIVAL DE NADAL 2016
O pasado mércores 21 de decembro, celebramos o tradicional Festival de Nadal no cole e velaí unhas imaxes desa xornada...
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
PRESENTADORES
ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE ESTA CELEBRACIÓN: FAMILIAS, PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE, E POR SUPOSTO A TODO O NOSO ALUMNADO!!!!
FESTIVAL DE NADAL 2016
O vindeiro mércores día 21 de decembro celebraremos o festival de Nadal no cole, comezamos as 10:30 horas e esperámosvos a todos e todas!!
En arquivo adxunto podedes consultar o programa desa xornada.
BO NADAL!!
CONTACONTOS COA NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA CAMALEO
O pasado luns día 5 de decembro, os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria e algunhas mestras prepararon unha sesión de contacontos para todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Acompañounos a nosa mascota da biblioteca CAMALEO que estivo moi contenta por fomentar no noso alumnado o gusto pola lectura.
Velaí unhas fotos desa xornada....
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »