CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA

O pasado xoves 15 de marzo, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, gozaron dun divertido e musical contacontos a cargo da editorial Kalandraka e organizado polo equipo da Biblioteca do centro.Velaí unhas imaxes...

ENCONTROS COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

O pasado mércores 14 de marzo, a escritora Antía Yáñez , irmá da nosa compañeira de Educación Infantil Alba Yáñez, acudiu ao centro para contarnos coa foi a súa aventura co seu primeiro libro "O misterio de Portomarín". Unha xornada moi interesante coa que desfrutaron o alumnado de 4º,5º e 6º de Educación primaria e 1º e 2º de ESO...

ENCONTROS COS MÁIS PEQUENOS...

O pasado venres, día 9 de marzo de 2018, os nenos e nenas de Educación Infantil desfrutaron dun espectáculo a cargo do grupo "O SON QUE ME ARROUPA" e a colaboración e participación do programa "Espazo para as familias" que leva a cabo o noso Concello para os nenos e nenas en idade preescolar e que tamén participaroin en compañía dos seus pais.

Unhas imaxes desta xornada...

 

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 8 DE MARZO

Dende o CPI Luís Díaz Moreno de Baralla queremos dar parabéns, no día de hoxe, a todas as mulleres traballadoras...

 

Resultado de imagen de dia da muller 2018

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA 8 DE MARZO DE 2018

 

 

 

FOLGA DO DÍA 8 DE MARZO DE 2018

SERVIZOS MÍNIMOS

 

Decreto 26/2018 do 1 de marzo, polo que se ditan normas que determinan os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018.

 

CPI LUÍS DÍAZ MORENO de Baralla

Terán consideración de servizos mínimos para o persoal docente a  Dirección do centro, un membro de persoal subalterno e un membro persoal de cociña.

 

 

 

 

 

                                                        Baralla, 7 de marzo de 2018

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

 

 Resultado de imagen de ADMISIÓN DE ALUMNADO

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NOVO ABRANGUERÁ DENDE O DÍA 1 AO 20 DE MARZO, AMBOS INCLUSIVE.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO.

COMUNICADO ÁS FAMILIAS SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR

A DIRECCIÓN DO CPI LUÍS DÍAZ MORENO COMUNÍCASE COAS FAMILIAS PARA ACLARAR UNHA SERIE DE ASPECTOS RESPECTO DO TRANSPORTE ESCOLAR E OS MOMENTOS DE ENTRADS E SAÍDAS DO CENTRO.

NO DOCUMENTO ADXUNTO PODEN COMPLETAR ESTA INFORMACIÓN.

 

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1ºESO Á FUNDACIÓN CEL E INSTALACIÓNS DE CAFÉS CANDELAS

O pasado venres día 16 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO xunto co seu titor, realizaron unha visita ao abeiro do plan "Atrévete +" á Fundación CEL de Lugo onde puideron coñecer algunhas iniciativas emprendedoras moi interesante e posterior visita ás instalacións de Cafés Candelas.

Velái unhas imaxes desa saída...

 

FESTIVAL DE ENTROIDO 2018

O pasado venres 9 de febreiro de 2018 celebramos o festival de Entroido no cole co desfile de comparsas e queima do boneco. Velaí unhas imaxes desa xornada tan vistosa , colorida e divertida...

 

MOITAS GRAZAS A TODO O PROFESORADO DO CENTRO POLA SÚA COLABORACIÓN, A TODO O ALUMNADO, AO PERSOAL NON DOCENTE E ÁS FAMILIAS POR DESFRUTAR CON NÓS ESTA XORNADA.

 

FESTIVAL DE ENTROIDO 2018

 

Resultado de imagen de entroido 2018

 

O vindeiro venres día 9 de febreiro de 2018, celebraremos o Festival de Entroido no colexio se a meteoroloxía o permite.

Animamos ás familias a que nos acompañen nesa xornada.

Poden consultar o programa en arquivo adxunto.

Powered by Drupal - Design by artinet