Edu-Sostibilidade
TRABALLO DO DÍA DAS FAMILIAS
Día das familias de Elena Pérez López
VISITA DO ZOQUEIRO
O alumnado de 1° de ESO disfrutou da experiencia de ver un zoqueiro tradicional que nos amosou os seus traballos como artesán ademais das ferramentas que usa para a elaboración de zocas e cestería.
Resultou fascinante ver cómo estas artes tradicionais foron recollidas por unha persoa tan nova que combina os seus estudos de 1° de BAC co compromiso casi moral de conservar as tradicións dos nosos ancestros.
Non só nos ensinou o proceso de elaboración artesán senón que nos transmitiu certos valores relacionados co compromiso e respeto pola nosa cultura e tradicións ademais de demostrarlle ó alumnado que o tempo é valioso e relativo,e que temos mais do que pensamos para utilizalo nun ocio mais diverso e rico que ó que están acostumados.
Toda unha experiencia!
A COCIÑA E HOSTALERÍA COMO ACTIVIDADE PROFESIONAL
O cociñeiro do CPI Plurilingüe de Castroverde Pablo L. Trashorras deu unha conferencia ao alumnado de 4º de ESO para que coñeceran as diversas saídas profesionais que hai e o apaioxoante que pode ser o mundo da cociña como modo de vida. Ademais de ser aprendizaxes que contribúen a levar unha vida saudable e a saber relacionarse e desenvolverse neste mundo globalizado.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »