Emociona-T

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

INTRODUCIÓN:

Esta etapa concíbese como unha continua aprendizaxe.

Nesta etapa iníciase o desenvolvemento das destrezas comunicativas, que evolucionarán dende as primeiras interaccións a través da emisión de sons, da expresión corporal e xestual, ligadas basicamente a satisfacción das súas necesidades primarias, ata a adquisición dos códigos de diferentes linguas e linguaxes para producir mensaxes de crecente complexidade, de maneira eficaz, persoal e creativa.

OBXECTIVO PRINCIPAL:

Participar por iniciativa propia en actividades relacionadas con textos escritos, mostrando interese e curiosidade para comprender a súa funcionalidade e algunhas das súas características.

DESENROLO:

A etapa de educación infantil é a contorna privilexiada para realizar un achegamento progresivo a linguaxe escrita, como forma de comunicación, coñecemento e gozo.

Mediante o achegamento aos textos escritos e a súa exploración, así como a través da observación de modelos lectores e escritores de calidade, espertarase nas nenas e nos nenos a curiosidade por descubrir as súas funcionalidades na medida en que avanzan na comprensión dalgunhas das características e convencións da lingua escrita, increméntase a necesidade de descubrir a información que contén cunha actividade lúdica e de gozo.

A adquisición da habilidade grafomotriz orientada cara a aprendizaxe da escritura entenderase como o inicio dun proceso que debería consolidarse na educación primaria.

COMO INICIA-LA ESCRITURA DENDE A AULA DE TRES ANOS?

É importante partir do nome propio escrito en letras maiúsculas, dado o significado que este ten para o neno e facelo sempre dunha maneira lúdica, é dicir xogando.

Os nomes dos nenos están presentes nas mesas, cadeiras, casilleiros, percheiros, lista de clase, recunchos, material, etc. Isto lles permite familiarizarse co seu nome e co dos compañeiros, ademais de brindarnos que a aprendizaxe sexa funcional, é dicir que lles resulte útil.

  • Cada día escríbese na pizarra o nome do encargado e xógase a comparar este nome co dos outros compañeiros. Xogamos a contar letras, comparar nomes largos e curtos, buscar nomes que empezan por unha mesma inicial, escribir o día da semana, etc.
  • Ao principio, os xogos de recoñecemento facémolos con dous ou tres nomes, e pouco a pouco, a medida que vaiamos avanzando, iremos introducindo o resto.
  • Ó principio podemos escribirlles o nome o terminar cada ficha ou calquera outro traballo que elaboren. Pouco a pouco iremos animándoos para que o fagan eles mesmos, insistindo sempre que o fagan como eles saiban, valorando máis o proceso que o resultado, sempre o ritmo de cada neno. Algúns xa son capaces de escribilo eles mesmos correctamente.
  • Seguir o seu nome con pintura de dedos sobre unha ficha, escribilo na pizarra, recoñecer o seu nome nun folio e rodealo discriminando o dos seus compañeiros, buscar as letras dos seus nomes en marcas publicitarias, facelo en plastilina, etc.

Ademais elaboraremos outros materiais cos que traballamos a diario:

  • Un deles é introducir nunha caixa tarxetas ou cartóns co nome escrito en maiúsculas de cada neno.
  • Noutra caixa, as letras móbiles tanto vogais como consoantes. Están elaboradas con cartolina e plastificadas para evitar que se deterioren. Os nenos teñen a posibilidade de coller o seu “cartonciño” co seu nome e intentalo formar eles mesmos coas letras.
  • Cada neno busca a súa tarxeta co seu nome e logo trata de recompoñela coas letras móbiles.
  • Tamén elaboraremos con cartulina unha escola e unha casa.

De maneira individual ou en pequeno grupo deben buscar o cartonciño co seu nome (en maiúsculas) é pegalas debaixo da súa foto, o nome dos nenos que non viñeron a escola péganse na casa.

O material está plastificado para evitar que se deteriore co uso e colocamos velcro adhesivo para poder pegar os cartóns cos nomes e fotos. Ademais esta actividade serve para pasar lista.

O facer esta actividade a diario permítenos pasar lista e que os nenos se familiaricen co seu nome e co do resto dos compañeiros.

Outro material que elaboraremos son as tarxetas cos días da semana, o xogo consiste en recordar o nome dos días da semana e que o encargado coloque unha estrela sobre o cartonciño de cartolina que reflexe ese día (a estrella pégase con velcro adhesivo).

Por último, realizaremos unhas tarxetas nas que aparecen representadas cada letra a un animal que comece pola mesma.

A - araña

E- elefante

X - xirafa, etc.

As tarxetas están duplicadas de modo que o xogo consiste en emparellalas, fixándose tanto nas letras como nos animais.

Son moitos os xogos que se poden levar a cabo utilizando as tarxetas, todo depende da creatividade e da imaxinación. Imitalos animais utilizando a expresión corporal, os sons, dar pistas e adiviñar de que animal se trata.

A clave é traballar con este sistema a diario, xa que mediante xogos e actividades aprenden de maneira asombrosa, incluso ata os máis pequenos.

É importante ser constantes, ter paciencia e marcar obxectivos a largo prazo, xa que os resultados se van vendo pouco a pouco pero é moi gratificante e merece a pena.

A final de curso os nenos con so 3 anos son capaces de recoñecer o seu nome, o da maioría dos compañeiros, coñecen o nome de todas as letras, identificándoas tanto nos nome, como noutra palabra impresa, identifican as súas pertenzas, escriben o seu nome correctamente.

 

Veredes que merece a pena, para iniciar ós nenos na lecto-escritura.

MANUELA PÉREZ OTERO, Profesora de 4º de Educación Infantil

 

MOITO MÁIS SOBRE A AULA MAKER

Continuamos coa presentación de diferentes exemplos das actividades que fai o noso alumnado na "aula maker" durante os recreos dos xoves e venres en primaria e de martes a venres en secundaria.
Como xa comentamos, durante os recreos é un espazo de creación, estudo e xogo en liberdade, baixo o coidado dunha profesora de garda (e unha coidadora se hai presenza de alumnado que o necesite). As actividades durante o tempo de lecer non son dirixidas polo profesorado, senón que xorden espontaneamente da rapazada. Esta mesma aula é empregada polo profesorado no tempo lectivo para facer actividades co material do programa Polos Creativos, por exemplo, con actividades reguladas. Pero nos períodos de lecer predomina a liberdade creativa.
A profesora sitúa diferentes recunchos de actividades, variándoos de cando en vez para motivar o xogo; pero o alumnado é libre de coller outro material dos andeis, ou realizar outras actividades non previstas en absoluto.
É un espazo de inclusión e convivencia, onde o alumnado de diferentes cursos interactua e establece ou reforza amizades, onde se traballa a coeducación, e se abre a posibilidade de desenvolver actividades que non teñen cabida no currículo habitual e que contribúen a evitar o abandono escolar.
Aquí vai unha escolma de exemplos.

 
 
 

CONTACONTOS DE A APALPADORA

Polo Nadal contamos coa presenza de A Apalpadora no noso centro e nós na clase tamén fixemos unha debuxo que como vemos nós á Apalpadora. Ben bonito que nos quedou!!

 

QUE É A PAZ EN 5º DE EI

Para celebrar o día escolar da non violencia e da paz, o 30 de xaneiro, fixemos na aula de 4 anos varias actividades.

LECTURA COAS FAMILIAS: MIMI E A XIRAFA AZUL

Esta semana acompañounos na nosa biblioteca,  Cristina, a mamá de Lara de 5º de Ed. Infantil. Para esta actividade, Lara escolleu este conto do que se fala da chegada á familia dun irmán cunha grave discapacidade. Polo tanto traballamos a diario os valores de respecto, inclusión, aceptación, axuda, colaboración, fomentando a comunicación, expresar e compartir sentimentos, e sobre todo transmitir unha visión positiva da discapacidade. Gustounos moito e vamos a traballalo na aula e xa veredes o resultado dentro dun días.

Distribuir contenido