Emociona-T

POSTAIS DE NADAL EN SEGUNDO DE PRIMARIA

O alumnado de 2º escribiu as súas cartas de nadal e visitaron a oficina de correos da vila para enviar os seus desexos.

LETRAS GALEGAS CON ÁNXELA GRACIÁN

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o CPI de CASTROVERDE invitou a unha escritora do concello, a Ánxela Gracián. E así, o alumnado de 5º Ed. Infantil, 1º e 2º Ed. Primaria, poidemos escoitar o relato dos seus contos: Gombó e o medo á escuridade, e Gombó e a viaxe á lagoa. Foi todo un pracer terte no noso cole. Moitas gracias Ánxela!!

SAÍDA POLO POBO DE CASTROVERDE

Esta semana fomos de paseo polo pobo de Castroverde, para mercar unhas plantas. Foi moi divertido porque paramos en varias tendas de camiño á Casa de Serra, que era a onde tiñamos que ir mercar as plantas, para levar para a casa o día da familia.

APADRIÑAMENTOS NA HORTA

Falando coa profe Mónica de Secundaria, decidimos facer unha actividade conxunta co seu alumnado de 3º ESO. Foron uns apadriñamentos na horta, na que o alumnado de ESO, tiña que axudar ó alumnado de 5º Ed. Infantil a limpar as parcelas e os arredores para poder sementar nos vindeiros días. E os de 4 anos axudaron ós da ESO a plantar uns tomates e pementos na súa horta. Un traballo cooperativo entre etapas, do que aprenden uns de outros. Outro reto máis conseguido no CPI DE CASTROVERDE

Distribuir contenido