Convive-T

LECTURA EN FAMILIA: BAMBI

Esta semana, retomamos a lectura en familias na aula de 4 anos. Nesta ocasión veu Esther, a mamá de Leire a ler o conto titulado, Bambi.

DÍA DA PAZ EN 6º DE EI: SOMOS DA PAZ

SOMOS DA PAZ

Na aula de 6 de E.I. queremos ser da Paz, creando un clima de convivencia positiva.

Imos cargar as nosas mochilas con:

GOMA: borrón e conta nova. Ensinaranos a perdoar e pedir perdón.

TESOIRAS: cortamos os insultos, os golpes, os berros, as pelexas...e aprendemos a xestionar os nosos enfados.

CORES: tod@s somos diferentes e necesari@s para aportar cor e harmonía ao mundo.Traballamos sobre o respecto, a tolerancia,a diversidade e a cooperación.

PEGAMENTO: axuda a unir as nosas amizades.

SUBLIÑADOR: resaltamos o bo e valioso de cada persoa, afondando no autoconcepto e autoestima.

LAPIS: escribimos mensaxes e historias de Paz e Igualdade.

 

Contamos co apoio do conto e canción "Mi Mochila es de la Paz" de Unai Quirós e materiais do C.E.I.P. GANDHI (Málaga).

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Pola semana do amor e da amizade, fixemos varias actividades que podedes ver premendo no vídeo.

 

MOITO MÁIS SOBRE A AULA MAKER

Continuamos coa presentación de diferentes exemplos das actividades que fai o noso alumnado na "aula maker" durante os recreos dos xoves e venres en primaria e de martes a venres en secundaria.
Como xa comentamos, durante os recreos é un espazo de creación, estudo e xogo en liberdade, baixo o coidado dunha profesora de garda (e unha coidadora se hai presenza de alumnado que o necesite). As actividades durante o tempo de lecer non son dirixidas polo profesorado, senón que xorden espontaneamente da rapazada. Esta mesma aula é empregada polo profesorado no tempo lectivo para facer actividades co material do programa Polos Creativos, por exemplo, con actividades reguladas. Pero nos períodos de lecer predomina a liberdade creativa.
A profesora sitúa diferentes recunchos de actividades, variándoos de cando en vez para motivar o xogo; pero o alumnado é libre de coller outro material dos andeis, ou realizar outras actividades non previstas en absoluto.
É un espazo de inclusión e convivencia, onde o alumnado de diferentes cursos interactua e establece ou reforza amizades, onde se traballa a coeducación, e se abre a posibilidade de desenvolver actividades que non teñen cabida no currículo habitual e que contribúen a evitar o abandono escolar.
Aquí vai unha escolma de exemplos.

 
 
 
Distribuir contenido