Polo creativo

MONKEY PUZZLE

 

Dúas alumnas e un alumno de sexto de primaria ofrecéronse para contar unha historia en inglés ao alumnado de 5º de E. I. Primeiramente a profesora escolleu un conto orixinal en inglés e adaptouse para o nivel de 5º de E.I. Os tres voluntarios prepararon na casa e en momentos libres a posta en escea e aprenderon os seus textos. Practicaron durante o descanso despois de comer e cando chegou o almunado de EI á aula atopáronse coa sorpresa. 

Nesta actividade os máis pequenos disfrutan e aprenden cos maiores pero estes aprenden aínda máis grazas aos cativos pois teñen que memorizar a súa parte, interpretala, traballar a entoación, pronuncia, léxico e estruturas, fluidez e ,o que é máis importante, enfrontarse a un público.

Verdadeiramente foi unha experiencia xenial cun comportamento exemplar, tanto por parte dos contacontos coma da audiencia. Seguro que imos repetir pois xa hai outros 11 voluntarios á espera.

 
 

INDIAN RECORDS

Soft Peach Green And Orange Illustration Fun Facts About India Infographic de Isabel Pérez García

 

O alumnado de sexto de primaria aprendeu máis cousas sobre a India da man da nosa auxiliar de conversa. Esta vez falamos de récords de todo tipo: a montaña máis alta, a cidade máis antiga, etc. Isto tamén lles axudou a usar os superlativos e unha grande cantidade de palabras e estruturas relacionadas coa xeografía.

Ao final da sesión escribiron en pequenos grupos o que recordaban da presentación.

Utilizamos toda esta información para xogar a Snakes and Ladders nos grupos interactivos a seguine semana.

Aquí vemos o que saiu despois de xuntar todas as aportacións. Preme para ver as dúas páxinas.

A AULA MAKER

A Aula Maker, Aula Creativa ou Aula de Polos Creativos, é un espazo da Biblioteca Escolar situado no primeiro andar do edificio de secundaria. Ábrese xoves e venres nos recreos de primaria, e .de martes a venres nos recreos de secundaria.
Trátase dun espazo reservado especialmente para fomentar a creatividade libre e a convivencia. Está dotada con aparatos e materiais moi variados para realizar todo tipo de actividades creativas: robótica, costura, podcasts, baile, canto, estudo, xadrez, xogos de mesa, manualidades, peiteado... e todo o que poida saír da infinita imaxinación do noso alumnado.
Iremos compartindo por aquí, exemplos das diferentes actividades realizadas este curso escolar 2023 - 2024.

Distribuir contenido