Contrato-Programa, CP-INCLÚE, CP-INNOVA
TRABALLAMOS CON ROD CAMPBELL
En 6º de EI fixemos unha unidade didáctica sobre o conto "Dear Zoo" de Rod Campbell. Aprendemos moito vocabulario e estruturas en inglés pero tamén reflexionamos sobre o coidado dos animais de compañía e sobre as súas necesidades, que deben prevalecer sobre os nosos caprichos. Utiliza o QR para escoitar o conto contado por nós! Preme no enlace para ver os materiais.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/aulavirtual/course/view.php?id=296
XOGOS COOPERATIVOS NO CP-INCLÚE
Dentro dos múltiples programas do CPI de Castroverde, inclúense actividades que axudan a mellorar a cohesión do grupo - clase, prever o acoso escolar, enriquecer a escala de valores dos vosos fillos e fillas, reducir o absentismo escolar e favorecer a concentración e un mellor rendemento. Nesta liña están os xogos cooperativos e as cuñas motrices.
Os xogos cooperativos son xogos nos que non se permite a competitividade, senón que se favorece a colaboración. Neles só gañan se consiguen un reto colaborando todo o grupo. As cuñas motrices son xogos breves que implican certo grado de movemento físico e que se realizan na aula entre momentos de alta concentración. Lonxe de resultar unha "perda de tempo" está demostrado que axudan a mellorar a aprendizaxe.
Combinando os dous conceptos realizamos breves cuñas motrices colaborativas que se insiren entre os tempos de traballo. Aquí temos algúns momentos desta semana.
Combinando os dous conceptos realizamos breves cuñas motrices colaborativas que se insiren entre os tempos de traballo. Aquí temos algúns momentos desta semana.