Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

FANTASTIC ANIMALS

Na clase de 3º fixemos un libro de animais extraordinarios, creados por nós, e que explicamos a todo o grupo. Click to open and have fun!

TEATRO EN INGLÉS: I SPY!

A semana pasada o alumnado da ESO tivo a oportunidade de ir ao Auditorio Gustavo Freire para disfrutar da divertida obra de teatro en inglés iSpy.

MAXIA NO FESTIVAL DE CASTROVERDE

 

Toda a ESO disfrutou neste último día  antes das vacacions da actuacion de Joshua Kennet co seu espectáculo de maxia e ilusionismo.Este mago guirigalego ,como el mesmo se define, nos fixo vibrar coas súas habilidades e trucos.

A mestura dunha posta en escena tremendamente visual e das súas artes ,donde non faltaron ata as sombras chinesas, fixeron que o alumnado voara coa súa imaxinación no mundo da maxia e a fantasía.

 

Que gran espectáculo! Cómo desfrutamos!

 

ENGLISH,TIC, DIVERSIDADE E MULTICULTURALIDADE

O departamento de inglés  adica esta semana a traballar sobre a temática de nadal.

A nosa  auxiliar de conversa,Ritu Chopra deseñou un divertido kahoot donde o alumnado traballou vocabulario  e tradicións do nadal na cultura anglosaxona.

Con este tipo de actividades o alumnado manexa ferramentas dixitais dun xeito divertido ó tempo que fomentan a inclusión de alumnado con NEE ou NEAE e a solidaridade e cohesión do grupo.

Seguiremos esta semana con máis actividades navideñas.Estade ó tanto!!

Distribuir contenido