Dinamización da Lingua Galega
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na semana das Letras Galegas o alumnado de infantil e primaria elaborou un mural ilustrado con varios debuxos e unha caricatura, no que se recollía información sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
O alumnado de secundaria realizou traballos sobre a vida e obra das escritoras galegas homenaxeadas no Día das Letras Galegas.
Na biblioteca expúxose unha selección de obras das escritoras recoñecidas no Día das Letras Galegas.
LETRAS GALEGAS FEMININAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha tertulia literaria titulada : "Letras Galegas Femininas". Os textos ,na súa maioría poéticos, pertencían ás seis autoras ás que se lles leva adicado esta festividade .Asistiu o alumnado de 3° e 4° ESO que comentaron os textos ,deron a súa visión sobre o contido deles , reflexionando e relacionándoo con situacións moi actuais.
CHAPAS POR LUÍSA VILLALTA
Letras galegas 2024 de Elena Pérez López
LETRAS GALEGAS CON ÁNXELA GRACIÁN
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o CPI de CASTROVERDE invitou a unha escritora do concello, a Ánxela Gracián. E así, o alumnado de 5º Ed. Infantil, 1º e 2º Ed. Primaria, poidemos escoitar o relato dos seus contos: Gombó e o medo á escuridade, e Gombó e a viaxe á lagoa. Foi todo un pracer terte no noso cole. Moitas gracias Ánxela!!