Actividades de primaria

ENTREVISTA A ÁNXELA GRACIÁN

Os alumnos/as de 6º de primaria puxémoslle á nosa aula o nome de ÁNXELA GRACIÁN e con este motivo o mércores día dous de febreiro de 2011, Ánxela Gracián veunos dar unha charla aos alumnos de 5º e 6º de primaria e contounos moitas cousas referentes aos seus contos, á súa familia, á súa infancia… No arquivo adxunto podedes ler a entrevista que lle fixemos.

sexto

VISITA A AVIFAUNA E CINE EN LUGO

O día 3 de maio os nenos e nenas de 1º ciclo de Primaria visitamos Avifauna, onde poidemos observar aves de todos os continentes, entre elas o urogallo e o voitre que están en perigo de extinción. Despois fomos ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo a ver a película animada “El lince perdido”  que conta como un grupo de animais trata de liscar das redes dun cazador sen escrúpulos.


IMAXINA QUE ES UNHA ÁRBORE NUN BOSQUE

Unha alumna do noso centro foi premiada no concurso organizado por Correos e a Deputación Provincial de Lugo, que levaba por título "Imaxina que es unha árbore nun bosque". A entrega de agasallos tivo lugar en Marcelle, onde estiveron acompañados por  compañeiros, familiares e profesores.


ALUMNOS DE CASTROVERDE


MÁIS INFORMACIÓN

VISITA AO PROGRESO

O segundo ciclo de primaria vistou as instalacións do Progreso, en Lugo, despois de acudir a unha representación teatral patrocinada por Nova Caixa Galicia.


3º e 4º


 

Distribuir contenido