Actividades de primaria

ÁNXELA GRACIÁN E DANIEL DÍAZ

Ánxela gracián e Daniel Díaz compartiron cos alumnos e alunas de 3º a 6º de primaria uns momentos moi interesantes e cheos de creatividade. Faláronnos da súa colaboración no libro "A Pinga de Choiva" e doutras obras da autora e sobre todo de como nace un conto ilustrado e como vai tomando forma ata que chega ás nosas mans. Fai clic para ver as fotos.

EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE

Excursión á Mariña Lucense das nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria
O día 28 de maio as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria viaxamos ata a estación de FEVE en Ribadeo e alí collemos un tren ata Burela. No porto de Burela vistamos o Barco Museo Reina del Carmen e logo fomos xantar á área recreativa Ponte de Ferro de Fazouro. 

O CPI DE CASTROVERDE GAÑADOR DO CONCURSO DE DEBUXO DE AVIFAUNA

Daniel e ÁLvaro son os dous ganadores, nas categorías infantil e xuvenil, do II Certame de Pintura Infantil e Xuvenil Avifauna. Recibiron o premio o xoves 30 de abril na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo.

 

ALUMNOS DE CASTROVERDE, FINALISTAS DE UN CONCURSO INTERNACIONAL DE CIENCIA

Os alumnos de 1º de Primaria, coordinados pola súa titora, María José García, quedaron finalistas do concurso internacional Ciencia en Acción, certame organizado de xeito conxunto entre España e Portugal para fomentar o estudo desta disciplaina educativa en tódolos niveis educativos.

ENLACE Á NOTICIA NO PROGRESO

    clase
       
Distribuir contenido