Actividades de primaria

Visita do alumnado de 3º e 4º a Café Candelas, O Progreso e Leite Río.

O alumnado de 3º e 4º de primaria realizou onte unha visita as distintas empresas do polígono do Ceao en Lugo. Visitaron o Progreso onde puideron observar o proceso de elaboración dun xornal así como ver as distintas máquinas que empregan para iso; leite Río onde comprobaron como envasan a leite e separan para obter as distintas variedades e café Candelas onde moi amablemente explicaron o proceso de tostado do café e puideron observar en directo dito proceso.

 

Moitas gracias as tres empresas que empregaron parte do seu tempo para que o alumnado aprendese moitas cousas en pouco tempo!

 

 

 

 

Nadal no cole!

 

Os alumnos e mestres traballaron moito para decorar todos os recunchos de primaria. Nadal no cole!!

 

 

 

Día internacional da música

Os maiores de primaria festexaron  o día internacional da música ( 22 de novembro)  cun mural con numerosas citas musicais. 

 

 

 

 

VIAXE A LEÓN

Alumnas e alumnos de 5º e 6º foron de excursión a León on de visitaron as covas de Valporquero, o Museo da Fauna e foron de safari fotográfico.

Distribuir contenido