Actividades de primaria

Excursión á Ribeira Sacra á través do programa km 0

O día 17 de novembro de 2010 os alumnos/as de 5º e 6º de primaria fixemos  unha viaxe pola Ribeira Sacra a través do programa km 0 patrocinado pola Deputación de Lugo.

Fomos á zona do Saviñao, ao Ecomuseo de Arxeriz (dedicado en gran parte ás labores e apeiros da viticultura), ao mirador "O cabo do mundo", á praia da Coba onde embarcamos nunha zódiac polo río Miño ata a illa de Sernande e logo visitamos a igrexa de Chouzán.

Pola mañá visitamos o Centro de Interpretación do río Rato, así como fomos recibidos na Deputación pola Vicepresidenta Lara Méndez e a concelleira de Xuventude do Concello de Lugo.

Foi unha viaxe moi interesante onde vimos moitas cousas e o pasamos moi ben.

Ver máis fotos na galería.

OS MAIOS

O mércores, 26 de maio, disfrutamos cos maios. Esta celebración, organizada por 3º e 4º de Primaria, encheu de cores, pomas, cancións e espíritu primaveral o patio do colexio.

Ver máis fotos.

ESCOLAS VIAXEIRAS

Alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria acaban de regresar de participar nas escolas viaxeiras en Navarra, con outros dous centros de Cáceres e Huelva.

Algúns dos participantes

Ver fotos.

CALENDARIO SOLIDARIO

O día 4 de maio celebramos o acto de entrega do diñeiro recadado coa venda do calendario solidario, realizado polos nenos e nenas de 1º ciclo, á Rafael Veiga, Coordinador Nacional da Fundación Taller de Solidaridade. Ao acto asistiu o alcalde do noso Concello, que se fixo cargo da impresión dos calendarios. Rafael Veiga falounos dos proxectos que esta asociación leva a cabo en Nicaragua e no Congo.

 

VIAXE Á CORUÑA

O día 3 de maio as nenas e nenos de 1º ciclo de Primaria visitamos a Casa das Ciencias, o Planetario e o Acuario en A Coruña.

Gastón
Distribuir contenido