OUR FABULOUS RECIPES: TRABALLANDO CON RECEITAS EN 6º DE PRIMARIA
O alumnado de sexto de primaria elaboramos estes vídeos de receitas en inglés.
Houbo un traballo previo para aprender vocabulario e estruturas que nos permitiran ter as ferramentas lingüísticas para poder explicar as nosas receitas axeitadamente. Isto incluiu a lectura e visualización de vídeos de traballos similares. Así, aprendemos sobre a cultura india coa nosa auxiliar de conversa que nos contou como se prepara un "Carrot pudding", e non só iso senon que nolo trouxo a probar. Premendo aquí accedemos á receita, que podemos tamén escoitar.
Nunha segunda fase, prepararmos o texto da nosa receita na libreta, que foi corrixido pola profesora.
Nunha terceira fase, gravamos o vídeo na casa. As persoas que quixeron editárono un pouco para que quedara máis bonito aínda que non era preciso. Aquí mostramos os que expresamente quixemos que se ensinaran. A avaliación fíxose empregando unha rúbrica que nos explicou a mestra.
Na clase vimos os vídeos e comentámolos. A partir deles, confeccionouse unha lista cos erros gramaticais máis comúns para traballalos na clase así como das palabras e expresións que presentaban máis dificultades na súa pronuncia. Practicámolas na clase e leváronse para a casa cun acceso ao audio para perfeccionalas.
Foi un traballo amplo e ás veces difícil, sobre todo porque a miudo tiñamos que repetir as tomas. Pero todos cremos que aprendemos moito facendo esta actividade.
Grazas a este pequeno proxecto entramos en contacto co mundo das especias, tan empregadas na India. Fixemos tamén varias actividades en torno a produtos exóticos para aprender a expresar opinións sobre sabores, gusto, etc. Está é a plantilla que empregamos e os produtos que utilizamos.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Worksheet 1 smell.docx_.pdf | 249.88 KB |
GridArt_20240514_145105321.jpg | 7.81 MB |
Mistakes_recipes.pdf | 99.25 KB |
Illustrative Cake Recipe Card.pdf | 467.6 KB |
RÚBRICA PARA AVALIAR A RECEITA.pdf | 43.73 KB |